- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 15 Decembro 2009 15 Decembro 2009
¡Quen fora neno nestes días!

Como os cativos galegos de ata catro anos tamén están en perigo mortal, as Guarderías asemesmo pecharán
Hai decisións, queridos usuarios, que un non entende. E esfórzase e esfórzase ata o punto de que se lle hincha algunha das venas da frente e grosas gotas de suor salado esvaran pola súa cara, pero nada: non o entende. Ven esta metafísica introducción a conta da sabia decisión da Consellería de Educación de suspender en toda Galicia as clases este mércores 16 de decembro de 2009 debido á chegada dun temporal mortal de necesidade que asolará a comunidade de punta a rabo. Nos o que é ver o temporal non o víamos por ningun lado, pero despois dixéronnos que o temporal sería de frío. Acabáramos: non fora ser que algún rapaciño das montañas de Lugo ou Ourense collera unha tos. Por outra parte, ao tratarse de diferentes Consellerías, as Guarderías sí ían permanecer abertas nun principio, medida lóxica e coherente xa que os terroríficos temporais de frío e neve non afectan en absoluto á saúde e seguridade dos cativos de ata catro anos pero despois a sinrazón e a demencia fixéronse xerais e a última hora informáronnos de que tamén permanecerán pechadas. Mentras tanto, os profesores brindando con champán. E o resto dos funcionarios xurando polo máis sagrado (con perdón). Porque todos somos fillos do mesmo Deus omnipotente.

Os rapaces desta foto tiveron que ir a escola con sol, neve, chuvia ou tifóns huracanados. Eran outros tempos

Comentarios
Pero cando estuven na escuela da Ponte do Porto, xa podian caer raios, tronos e ciclóns que habia que ir igual !!
cantos recordos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.