- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 22 Novembro 2009 22 Novembro 2009
O que nos deixou a Surada do 20N
Á vaga de temporais que está a padecer Camariñas ven a sumarse este 20N unha terrible surada
Polas emblemáticas e acuosas datas nas que acontece, un 20 de Novembro sempre é un día entrañable para os nostálxicos. Para os nostálxicos dos bos temporais, se entende. En principio carecía do alto pedigreé que antecedía aos anteriores, pero o terrible temporal do sur que dende a tarde do xoves 19 viña anunciándose co seu continxente bélico de miles de toneladas de auga que a marchas forzadas surcaban os ceos dende Muxía para descargar o seu terrible arsenal sobre Camariñas, deixou ao longo da sinalada data do 20N unha impronta de ventos furacanados de ata 90 km/h; de, sempre paganos ben das furias etílicas do ser humano, ben da furia dos elementos, ducias de desdichados contenedores volcados; de árbores arrancadas de cuaxo; de montañas de auga alfombrando os camiños; ou de restos dun mar tenebroso adornando unhas praias espumosas como nunca. Despois, toda aquela acometida furiosa parecío apaciguarse momentáneamente durante un par de horas na tarde do sábado 21 de novembro para volver ao ataque, debilitada, durante a madrugada do domingo 22. Camarinas.eu ofrece en 60 imaxes todo o que nos trouxo o Sur este 20N.





















Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.