- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 21 Outubro 2009 21 Outubro 2009
Os temporais xa están aquí

As desertas táboas do Paseo Marítimo están chamadas a pasar o seu primeiro longo inverno camariñán
Aínda non había nin quince días que un dos nosos redactores brindaba o seu tostado coiro ao Astro Rei nas soleadas Praias de Reira, cando sin solución de continuidade o primeiro dos temporais do outono 2009 chegou cunha estela de cinco meses que traerán consigo fríos húmedos e ventos huracanados, rúas desertas, o común do pobo acollido ao calor do fogar ou da barra dos bares, a grata fragancia da leña queimada no aire, a explosión controlada de repiqueteantes chispas nas lareiras. Días de mares perigosos e noites de flotas paradas. O ciclo inmutable da vida sigue o seu curso e o Concello de Camariñas, camaleón adaptable a tódalas eras climatolóxicas, luce as súas primeiras e agrestes galas otoñais co temporal destinado a abrir o curso 2009-2010 nunha sinxela galería fotográfica de 45 imaxes.
Ao calor do fogar
Pois agora si que está aquí o outono-inverno coa súa suxerencia monolítica e monopólica de retirarse ao calor do fogar a escoitar tranquilamente "The Battle of Evermore", únicamente o Led Zeppelin IV o máis adecuado para a estación en curso, a carón dunha ventana que sitúa un devastador e inquietante exterior a miles de kilómetros na distancia e centos de anos luz no tempo e evocar os tempos artúricos ca súa corte de Magos Merlíns, búsquedas afanosas do Santo Grial, Excalibures recreados con maestría suprema por John Boorman e druidas celtas que ao albur dos seus xogos feiticeiros percorren uns pedregosos camiños que, alfombrados por innumerables fíos trenzados por agullas de pino e escoltados por cohortes de ortigas e toxos, poderían haberse atopado perfectamente en Buría. O outono-inverno 2009-2010 xa está aquí, perfecto para idear mundos propios.
Comentarios
TERRA MEIGA
Camariñas,terra meiga.
Terra ruda i mariñeira.
Terra que traballa nó mar
como labrego ó fai ná leira.
Ás tuas augas sementan ós froitos
i lavan ás vrancas areas,
coas ondas que veñen cantando
como romeiros pá sacalas meigas.
Deiquí volven sanadas,
ás xentes de diversas terras,
i arredan ó meigallo nadando
nás nosas augas milagreiras.
Antonio Puertas
Pos si que hubo temporal jeje nin me enteren que non salo da casa!!solo vexo que chove el listo Tan bonitiño e o inverno jeje!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.