- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 19 Xullo 2009 19 Xullo 2009
Unha Sardiñada pasada por auga

O esforzo impecable da mellor Comisión de Festas en moitos anos fixo posible a Sardiñada 2009
Os nerviosos círculos alados das gaivotas facían presaxiar que non lonxe do Muiño do Vento, o seu hábitat natural, ía acontecer unha das típicas masacres sardiñeriles que de tanto en tanto teñen lugar en Camariñas. Sen dúbidas, en homenaxe ao animal tótem que contribuío a facer da Vila dos Encaixes un dos principais emporios da díficil arte do cerco en Galicia, cun puñado de nomes de patróns que xa pasaron á historia. Por elo cada 18 de xullo na Praia de Area da Vila ten lugar unha orxiástica sardiñada á que o común do pobo de Camariñas acude en masa, ben baixo un sol inclemente, ben baixo unha choiva pertinaz. Porque nin baixo as peores condicións atmosféricas unha sardiñada quedará na nosa vila sin un público sempre fiel a un manxar sinxelo e humilde. Pulsa na imaxe para ver unha galería fotográfica e un video da Sardiñada do 18 de xullo de 2009.
Unha Sardiñada pasada por auga
Os nerviosos círculos alados das gaivotas facían presaxiar que non lonxe do Muiño do Vento, o seu hábitat natural, ía acontecer unha das típicas masacres sardiñeriles que de tanto en tanto teñen lugar en Camariñas. Sen dúbidas, en homenaxe ao animal tótem que contribuío a facer da Vila dos Encaixes un dos principais emporios da díficil arte do cerco en Galicia, cun puñado de nomes de patróns que xa pasaron á historia. Por elo cada 18 de xullo na Praia de Area da Vila ten lugar unha orxiástica sardiñada á que o común do pobo de Camariñas acude en masa, ben baixo un sol inclemente, ben baixo unha choiva pertinaz. Porque nin baixo as peores condicións atmosféricas unha sardiñada quedará na nosa vila sin un público sempre fiel a un manxar sinxelo e humilde.
Comentarios
este ano sabian criminal tamEnnnn*+
vña bikasooos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.