- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 19 Xullo 2009 19 Xullo 2009
Foi en 1986 cando tivo lugar un baile de carácter folklórico que aínda a día de hoxe se recorda con especial admiración e nostalxia polo pobo camariñán: a actuación do Ballet Mariachi da Universidade de Colima, México. Aquela exhibición de arte charro deixou un rastro indeleble e inesquencible no sen dúbidas pobo cunha raigame mexicana máis profunda de toda Galicia, por elo tal vez habería que ir pensando si non en repetir semellante evento, alomenos en devolver visita cunha actuación dos grupos de baile tradicional galego de Camariñas.
Para semellante reto os rapaces que na tarde do Día 17 de xullo deleitaron ao público congregado na fachada marítima camariñana, ao lado do Gadis, sen dúbida algunha serían dignos embaixadores da Terra das Palilleiras. Membros do coro, pais, nais, amiguiños, amiguiñas, simple público aisistente, todos quedaron maravillados cas evolucións duns cativos especialmente dotados para o arte folklórico galego. Por todo o anterior, o día de mañán serían os mellores candidatos para devolver visita ao Estado mexicano de Colima, aquel no que o gran novelista Juan Rulfo, ambientou a súa "Pedro Páramo", aquela obra maestra que supuxo o inicio nun día de 1955 do así chamado boom da literatura hispanoamericana.



































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.