- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 24 Xuño 2009 24 Xuño 2009
Un San Xoán de luxo en Camariñas

camarinas.eu, a web do pobo humilde e traballador, presente na Lumarea de San Juan do 2009
Xustamente hai hoxe un ano camarinas.eu publicaba a noticia sobre a noite de San Juan do 2008 e facía historia: 159 fotografías; 30.134 visitas que pulverizaron todos os récords habidos e por haber nunha web feita en calqueira das pequenas vilas costeiras de Galicia; frases que fixeron lenda ("Agora que...os... cambiachaquetas e pelotilleros (sin comillas) están a tope de traballo..."). Por todo o anterior, a cita co San Juan do 2009 constituía unha data da máis alta responsabilidade para a web líder da Costa Atlántica e por elo foi preparada co máximo cuidado e minuciosidade.
Así, reforzando o carácter plural da máis democrática das webs, aquela que é elaborada día a día por uns usuarios dotados dun talento artístico nunca antes visto e recelosos do mundo da política, xente independente e libre, decidimos dar un protagonismo especial na cobertura desta noticia á reporteira xornalística máis coñecida da Costa da Morte: Lucía Carril Ageitos, a cal cunha labor impresionante complementada pola dun profesional da fotografía pertencente a unha familia con máis de 50 anos de bagaxe no difícil arte de fotografiar unha realidade sempre cambiante, ofrecen á toda a lexión de seguidores de camarinas.eu unha Galería Fotográfica de 200 imaxes.
Un San Xoán de luxo en Camariñas
Por outra banda, debe recalcarse a labor desenrolada pola Asociación Lumarea da Vila, esforzándose denodadamente por facer feliz a tanta xente sen unha recompensa económica tanxible. Tamén a daquelas empresas que colaboraron entusiásticamente poñendo todo o necesario da súa parte para facer posible o mellor San Juan da Costa da Morte. A das xentes de Camariñas que en cifra de varios centos déronse cita en Area da Vila para presenciar un espectáculo sen igual: aquel que celebra o advenimiento do solsticio de verán no Hemisferio Norte.
Unha noite perfecta e sempre diferente nunha vila mariñeira como Camariñas, na que a sardiña é o rei e na que os bares da vila invitan pródigamente aos seus clientes de todo o ano a un manxar sinxelo e humilde que é degustado con placer por unha parroquia totalmente agradecida. E así, cumprindo ca súa labor nesta máquina perfectamente engrasada na que cada sector ten encomendada a súa misión, camarinas.eu, como web máis representativa do Concello, procede a publicar as 200 imaxes que retratan a felicidade dun pobo antigo e inmemorial nunha das súas noites máis especiais.
Comentarios
Aproveito pa FELICITAR A MEU TIO JUAN POLO SEU SANTO !
BICOS
Jenny
Para el año espero pasar un buen San Juan en Camariñas jejeje! El reportaje muy bonito!! Muchos besos para todos y todas en especial a mis grandes amigas María Belen, Luci y Mayte!!
Un besiño enorme!!!
estubo moi ben a lumarea pero gustoume mas a do ano pasado foi mas grande e todo.
enhorabuena aos da Asociación da lumarea fixestedes un bo traballo.
Biks
E po ano a carrexar pa lumarea de corea que foi unha pena q este ano non hubese.
Arrasan as fotos.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.