- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 09 Xuño 2009 09 Xuño 2009
Un día de inverno en pleno xuño
A bóveda permanente dun ceo encapotado e gris convertíose no telón de fondo da Vila de Camariñas
Pois foi chegar as tres da tarde, empezar a chover e non parar xa en todo o día e toda a noite. Unha permanente cortina de chuvia abundante e pertinaz desplomouse sobre Camariñas de forma constante e demoledora sen deixar resquicio algún. Consecuencias: a flota parada, as obras públicas en suspenso, o común do pobo recollido nos seus fogares. As temperaturas: moi frescas, máximas de 18 grados e mínimas de 13 polas noites, que obrigan a poñer por enriba do cobertor aquela mantiña olvidada que creíamos condenada a seis meses de reclusión no fondo do armario. E así continuará polo estilo máis ou menos ata o venres, día no que está previsto o retorno do sol.





