- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 06 Xuño 2009 06 Xuño 2009
¡A Festa do Carme xa quenta motores!

Advertencia: a Comisión non asegura que as camisetas queden tan ben como ás nosas fermosas redactoras
Pedíronnos os membros da Comisión das Festas do Carme publicitar na web máis vista da Costa Atlántica as novas camisetas que han de financiar a que está chamada a volver a convertirse na Zarina das festas veraniegas da Costa da Morte, e as nosas redactoras puxeron de forma desinteresada e altruista os seus esculturais corpos para posar con elas. Porque aquí en camarinas.eu todo o que se fai, absolutamente todo, é de forma desinteresada. Algún día, alguén, nalgún lugar, terá que recoñecelo.
E así, na tarde do venres 5 de xuño de 2009, cando entramos na cuarentena das Festas do Carme, a redacción de camarinas.eu escoltada polas súas impresionantes redactoras, quedou cos membros da Comisión para achegar opinións, ideas e obxectivos en común para contribuir entre todos a facer as mellores festas posibles, poñendo cada un na medida das súas posibilidades o seu humilde graíño de area. Como tamén o podedes facer vos, asistindo á Cea deste sábado 6 de xuño no Restaurante Catro Ventos ou mercando polo módico precio de 5 euros as camisetas que a Comisión confeccionou con motivo das vindeiras Festas da santa Patroa de tódolos mariñeiros. Maite e as dúas Lucías xa mercaron as súas, e ti ¿a que esperas?
¡A Festa do Carme xa quenta motores!
Pedíronnos os membros da Comisión das Festas do Carme publicitar na web máis vista da Costa Atlántica as novas camisetas que han de financiar a que está chamada a volver a convertirse na Zarina das festas veraniegas da Costa da Morte, e as nosas redactoras puxeron de forma desinteresada e altruista os seus esculturais corpos para posar con elas. Porque aquí en camarinas.eu todo o que se fai, absolutamente todo, é de forma desinteresada. Algún día, alguén, nalgún lugar, terá que recoñecelo.
E así, na tarde do venres 5 de xuño de 2009, cando entramos na
cuarentena das Festas do Carme, a redacción de camarinas.eu escoltada
polas súas impresionantes redactoras, quedou cos membros da Comisión
para achegar opinións, ideas e obxectivos en común para contribuir
entre todos a facer as mellores festas posibles, poñendo cada un na
medida das súas posibilidades o seu humilde graíño de area. Como tamén
o podedes facer vos, asistindo á Cea deste sábado 6 de xuño no
Restaurante Catro Ventos ou mercando polo módico precio de 5 euros as
camisetas que a Comisión confeccionou con motivo das vindeiras Festas
da santa Patroa de tódolos mariñeiros. Maite e as dúas Lucías xa mercaron as súas, e ti ¿a que esperas?








Comentarios
Hoxe e o dia da Cena bsms pasalo pipa jaja!
E as Camisetas Molan moitisimo por de tras o que poñe jeje!Boa Idea.
Espero que Teñams unhas das mellores festestas jeje...Que pouco falta xa pa ese dia...
A comision facedes Majas..Espero de verdad que todo os sala ben como tendes planeado e a seguir asi..Sodes os maximos.Bikiñs
Como molan las fotos.
enhorabuena a la comision de fiestas por el trabajo que estan aciendo...Esper o que sean las mejores fiestas del carmen.
Besiños!
decirye a pion q as camisetas as ay de nenos e de mayores!!e costan 5 euros varatisimas!!!! veña animarse todo mundo a compralas eeeehh..saludos ssss
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.