- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 02 Mai 2009 02 Mai 2009
A Comisión do Carme cos mellores artistas

Estamos nas mellores mans. En canto á organización das Festas do Carme, queremos decir. Porque os membros da Comisión de Festas non dubidan en desprazarse con motivo das principais galas e festividades que se celebran no ámbito festeiro de Galicia para observar e intentar contratar aos mellores artistas que se moven polo mesmo. Así, este xoves 30 de abril de 2009 un autobús repleto de camariñáns amantes da boa música desprazouse ata Ordes para asistir no Campo da Feira á "II Gala contra el Cancer Panorama en Concierto" que a partir das 23:00 reunío a preto de 20.000 persoas que puideron escoitar en directo a grandes estrelas como David Bisbal, Carlos Baute, Marta Sánchez, David Bustamante, OBK ou Astarot, comandados pola Orquesta Panorama que dedicará á loita contra o cáncer os beneficios derivados da comercialización dun dvd deste gran evento musical.
A Comisión do Carme cos mellores artistas
Estamos nas mellores mans. En canto á organización das Festas do Carme, queremos decir. Porque os membros da Comisión de Festas non dubidan en desprazarse con motivo das principais galas e festividades que se celebran no ábito festeiro de Galicia para observar e intentar contratar aos mellores artistas que se moven polo mesmo. Así, este xoves 30 de abril de 2009 un autobús repleto de camariñáns amantes da boa música desprazouse ata Ordes para asistir no Campo da Feira á "II Gala contra el Cancer Panorama en Concierto" que a partir das 23:00 reunío a preto de 20.000 persoas que puideron escoitar en directo a grandes estrelas como David Bisbal, Carlos Baute, Marta Sánchez, David Bustamante, OBK ou Astarot, comandados pola Orquesta Panorama que dedicará á loita contra o cáncer os beneficios derivados da comercialización dun dvd deste gran evento musical.
Aproveitando a viaxe realizada ata o Campo da Feira da Vila de Ordes, a comitiva de camariñáns non dubidou en desprazarse ata o local onde tiña lugar a grabación en directo do programa de radio do tamén veciño de Camariñas Marcial Mouzo, no cal foron entrevistados algúns dos principais artistas que actuaron en vivo na gala contra o cáncer. Tal e como amosan as fotografías, algúns dos membros da Comisión das Festas do Carme non quixeron deixar pasar a oportunidade de inmortalizarse para a historia con estas grandes estrelas da música española, as cales dando mostra dunha gran profesionalidade e simpatía aceptaron gustosas deixarse retratar cos membros da delegación da Vila dos Encaixes. Coñecendo ben aos membros da nosa comisión, éstes seguro que non desaproveitaron a oportunidade de plantexarlle unha hipotética e futura participación na Festa Grande de Camariñas a estrelas consagradas como Bisbal ou Bustamante, así que ao mellor quen sabe se no futuro nos encontramos con eles paseando polo noso novo Paseo Marítimo...
Comentarios
Saludos
VITO
que pena que nn axa ningun de Baute jejejeje!!!
SALUDOS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.