- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 12 Abril 2009 12 Abril 2009
Unha tradición milenaria e multitudinaria

Os fieis turnáronse con devoción a todo o longo do camiño para levar a súa Virxe do Monte ata a ermita
Tal e como mandaban os cánones, ás cinco en punto da tarde do 12 de abril de 2009, Domingo de Resurrección do Noso Señor Xesucristo, unha multitude de varios centos de camariñáns agolpábanse ás portas da Capela da Virxe do Carme. A intención era a de cumprir cun rito cuias raíces se perden nas orixes do tempo: peregrinar en cristiana procesión ca Virxe do Monte sobre os hombros cara a ermita do mesmo nome, sita nun monte antigo e no seu momento posiblemente pagano. Unha tradición milenaria que define a identifica a un pobo como unha unidade diferenciada e dotada de vida propia e que fui cumprida co fervor e devoción debidos por todos aqueles camariñáns que na tarde deste 12 de abril alí estivemos.
Unha tradición milenaria e multitudinaria
Decía Don Jesús na súa impecable homilía que as
tradicións, antigas pero mutables, son as que definen a un pobo. Eso
foi o que un redactor puido observar na multitudinaria Procesión da
Virxe do Monte 2009, na que varios centenares de camariñáns, de todas as cores
e de todos os signos, olvidaron no día da Resurrección de Cristo todas as súas diferencias e rencillas para fundirse como
unha soa alma, un só pobo, na tradición milenaria e cristiana que
identifica e define á moi antiga Vila mariñeira de Camariñas.
Familias enteiras, mozos e maiores, bombas de palenque e o imprescindible grupo de gaitas, fieis que ao longo do camiño se foron turnando para portar co fervor e devoción requeridos a Virxe do Monte nun día de festa e alegría no que o pobo de Camariñas disfruta como ningún outro a volta á vida de Xesucristo. Tradición, pero que pode cambiar como ben lembraba Don Jesús, e así a Procesión do 2009 foi a que por primeira vez estivo surtida de enerxía eléctrica dentro dun templo inmemorial acicalado e coqueto como nunca. Tradición ao fin e o cabo, porque os que hoxe asistimos a esta Procesión ideada pola alma popular de Camariñas non fixemos senón cumprir co rito que os nosos antepasados un día crearon alá nas orixes dos séculos e que co seu fervor perpetuaron no tempo no día no que Xesucristo resucitou.


























Comentarios
Pero arrepintome moito...
Desde ben pekena non bn a canda virxen pa riba ainda que estuben o domingo pasado na virxen do monte.
Po ano sera si dios o quere.
Miña Virxiña do Monte
Miña Virxiña bendita…
Noutra banda tela Barca
E na nosa a Ermita.
Miña Virxiña do Monte,
Bendice a que te visita,
Sexa de en corpo ou en alma…
Que a todos levas na Lista.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.