3.7435897435897 1 1 1 1 1 Rating 3.74 (39 Votes)
O Sarxento Pablo e o Alcalde Pichurri posan diante do fardo de case 30 kg atopado este sábado
O Sarxento Pablo e o Alcalde Pichurri posan diante do fardo de case 30 kg atopado este sábado

Exclusiva: atopados novos fardos de hachís en Reira

A operación desenrolada pola Guardia Civil na Praia da Arnela (Muxía) durante o fin de semana pasado e que permitío a incautación de preto de 4.000 kilogramos de hachís segue a dar os seus frutos e así na tarde deste sábado 11 de abril nunha operación de rastrexamento conxunta levada a cabo por Protección Civil de Camariñas, as Policías Locais de Carnota e Camariñas, o Posto da Guardia Civil de Camariñas, o de Laxe e o grupo do Seprona radicado  na Costa da Morte foi atopado un novo fardo de hachís que foi trasladado ás dependencias da Benemérita na Vila dos Encaixes preto das 21:00 horas.

Alí, vendo polo televisor as imaxes do partido que xogaba no Camp Nou este invencible Barça contra o Recreativo de Huelva, estaban esperando os resultados desta operación o Sarxento Pablo e o Alcalde camariñán Pichurri. Unha vez recibido o fardo este foi pesado na báscula da veciña farmacia do barrio de Corea onde arroxou un peso de 28,9 kg. que debe ser sumado ao de catro tacos de 500 gramos cada un provintes dun fardo que supostamente debío romper no mar e que asemesmo foron atopados no día de hoxe. Ademáis non hai que descartar que en próximas horas novos cargamentos sexan incautados xa que o operativo de rastrexamento contúa a bo ritmo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.