Don Manuel Mas Farto, veciño de Camariñas, descanse en paz

Don Manuel Mas Farto, veciño de Camariñas, descanse en paz

Temos que dar conta doutra tráxica noticia para o pobo de Camariñas. E aínda que aquí nesta web deixamos hai tempo de publicar esquelas, temos que anunciar esta necrolóxica por petición expresa da familia do defunto. Trátase do falecemento de Don Manuel Mas Farto, máis coñecido como "Manolo do Catalán", que falecía na tarde deste mércores 5 de febreiro na súa casa da Carretera do Faro. Deixaba este mundo o querido veciño de Camariñas despois de tantos anos convalecente por mor dunha enfermidade. Vaise deste triste xeito un dos últimos representantes do noble oficio de carpinteiro de ribeira que dou a vila das Palilleiras e unha das persoas máis representativas deste traballo na Costa da Morte. Traballo do cal foron herdeiros os seus fillos  e dende Camarinas.eu queremos rendirlle a homenaxe que se merece o Señor Manolo do Catalán. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 16:15 da tarde deste venres 7 de febreiro. Alí, no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma deste querido veciño da Carretera do Faro para,...
Os canóns do Castelo do Soberano de Camariñas comezan a súa restauración

Os canóns do Castelo do Soberano de Camariñas comezan a súa restauración

O goberno local do Concello de Camariñas encabezado por Sandra Insua continúa a aplicar firmemente a súa política de preservación do patrimonio, tanto material como inmaterial. Agora, dá un paso máis ao comezar o proceso de restauración dos canóns do Castelo do Soberano. ...
Don Juan Manuel Martínez Lema, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Juan Manuel Martínez Lema, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Vaise outro dos míticos clientes habituais do lexendario Café Bar Arnela que hai uns anos rexentaba a nosa querida Gelinita. Na noite deste venres 21 de xuño esta redacción recibía a triste noticia da defunción do noso querido amigo Don Juan Manuel Martínez Lema aos seus tempranos 66 anos de idade despois de que unha grave enfermidade, verdadeira lacra dos nosos tempos, acabase finalmente coa súa vida. Vaise deste xeito tan repentino ese amigo que sempre tiña unha sorrisa na faciana cando calquera se cruzaba no seu camiño. O corpo sen vida de Juan da Esquipa, tal e como era máis coñecido en toda Camariñas, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste domingo 23 de xuño. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Juan Manuel para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Juna Manuel Martínez Lema nestes duros momentos que están a pasar, especialmente aos seus fillos Rafael e Francisco así como a súa compañeira Carmen. Descanse en Paz. ...
Don Antonio Mas Rego, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Antonio Mas Rego, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Despois de tantos anos de sacrificio en Suiza, esperando para vir definitivamente á súa terra e poder desfrutar da súa xubilación, chega a recta final dese momento tan agardado e a traxedia cébase co noso querido amigo Tono da Riala. O veciño de Camariñas Don Antonio Mas Rego de 63 anos de idade, falecía este domingo 16 de xuño de 2019 no Hospital du Jura en Delemont despois dunha longa loita contra unha enfermidade que, finalmente e contra todo pronóstico médico, se levou por diante a vida deste camariñán exemplar. Un home do cal sempre nos quedará randes lembranzas como a súa amabilidade e tranquilidade, sempre afable e falador, Camariñán con maiúsculas onde os haxa, pero sobretodo un pai e marido exemplar e amigo dos seus amigos. Como olvidar aquelas festas no Café Bar Arnela de Gelinita... ...
Venres 32 de xuño: Noite de Solpor na Virxe do Monte de Camariñas

Venres 21 de xuño: Noite de Solpor na Virxe do Monte de Camariñas

Este venres 21 de xuño, terá lugar o solsticio de verán, o día máis largo do ano e que serve para comezar unha nova estación no hemisferio norte. En Camariñas, os veciños e veciñas daranlle un ano máis a benvida ao verán na ‘Noite do Solpor’. ...