- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camarinas Beauty Camarinas Beauty
- Created: 06 Xaneiro 2008 06 Xaneiro 2008

Adriana Castiñeira Pérez, a sirena que xurdío dos mares
Camarinas.eu volve á carga coa terceira edición da sección preferida dos seus redactores, Camariñas Beauty. A fermosura elexida desta vez é Adriana Castiñeira Pérez, de 22 anos, a cal é obxecto dunha reportaxe fotográfica basada no concepto visual da portada do lexendario disco dos Roxy Music de 1975 "Siren", na que aparecía a coñecida modelo Jerry Hall (ex-esposa de Mick Jagger). Por eso o sábado 29 de decembro, o día da mítica cea de camarinas.eu, esta redacción desembarcou en Reira con todo o seu equipo fotográfico e unha auténtica modelo de Camariñas, Adriana, deixando boquiabertos e alucinados aos poucos veciños de Camariñas que alí estaban a pasar a tarde. Para ver a reportaxe sobre Adriana, a sirena que xurdío dos mares, pulsa na foto.

Adriana, reina dos mares
- Nome: Adriana Castiñeira Pérez
- Data de nacemento: 4/3/1985
- Altura: 1´75 cm
- Peso: 60 Kg
- Medidas: 92-66-95
- Cor de pelo: Natural castaño claro. Actualmente rubio
- Cor de pel: Blanca
- Ollos: Marróns cor miel
Un humilde e desestructurado redactor facía xa moito tempo, exactamente un ano e medio cando durante tres semanas de agosto de 2006 recorrío implacablemente as nórdicas rúas de San Petersburgo, que non vía tan claramente un exemplo de muller total: alta, esbelta, longas pernas infinitas, a cor dos campos de trigo pola longa cabeleira, a pel branca... como tan a menudo puido ver naqueles tempos rusos xa idos. E agora todo aquela lembranza volve a ser rememorada polo redactor ao recibir o encargo de escribir unha reportaxe sobre Adriana Castiñeira Pérez, unha das mulleres máis fermosas que tal vez nunca asomaron polas rúas de Camariñas, a cal cumpre punto por punto todas aquelas características que fan da muller rusa de raza eslava un ser de excepcional beleza dotado dunha intensa femineidade.
Neta dun coñecido constructor camariñán e filla dunha das mulleres máis fermosas de Camariñas, María Pérez, que aínda o día de hoxe é unha auténtica beleza, Adriana cursa actualmente na Coruña estudios de Xestión empresarial, marketing, publicidade e relacións públicas para algún día cumprir un dos seus soños e convertirse nunha implacable Xefa de Recursos Humanos dunha gran empresa, aínda que non na do seu avó, Construcciones Mantido S.L., para así poder manter unha certa independencia. Cando falamos das súas aficcións, comenta que "o que máis me gusta facer no meu tempo libre é ir de tendas pola Coruña, a veces penso si non serei compradora compulsiva, especialmente gústame a roupa que teñen en "Blanco", na Calle Real, "Manny of London" ou, últimamente, "Nevada". Gústame máis incluso que saír pola noite, que bueno, tamén me gusta bastante, tampouco vamos a engañarnos (risas)". Así, os seus locales preferidos para saír son o Tándem ou Punto Tres na Coruña e A Eira e A Vieira en Ponteceso.
O seu tipo de muller ideal estaría formado pola simbiosis imposible de dúas mulleres de leyenda: as actrices de Hollywood Audrey Hepburn e Marilyn Monroe, das cales o seu piso da Coruña está cheo de cadros feitos pola propia Adriana "en cartón pluma, xa ves que debido aos meus estudios convertinme nunha experta en diseño. Da primeira gústame sobre todo a súa clase e finura, o seu porte elegante e de carácter aristocrático. De Marilyn quédome ca súa locura, co seu atrevimento, cun carácter independente que a levaba a facer sempre o que quería". Preguntada pola parte do seu corpo da que se sinte máis orgullosa contesta que polas súas pernas "longas e ben feitas", aínda que tamén móstrase especialmente identificada co pequeno lunar que ten sobre o labio superior.
O seu home ideal no físico ten que ser "alto, moreno, con ollos grandes (¿color? éme indiferente), debendo ser sincero, fiel e un pouco festeiro, en xeral un home que sexa tal e como son eu", tendo como famoso ideal ao actor Brad Pitt ("porque é alguen natural, canto máis maior se fai, máis guapo está"), por outra banda o seu actor preferido é Denzel Washington.
Finalmente, e para despedirse, o redactor ten que acudir outra vez á música e ás letras do grupo que levou a cabo a deificación, a divinización da muller fermosa como obxecto de culto, inasequible, inalcanzable, para os simples mortales, Roxy Music, para así poder mostrar toda esta clase, toda esta beleza, todo este placer estético para os ollos e os sentidos, que fan que un desarraigado e solitario redactor dea as grazas pola súa volta ao fogar materno, Camariñas, un territorio cheo de preciosas mulleres fermosas, que recordan a "Amazona", o territorio máxico inventado polos Roxy Music naquela canción mítica de 1973:
"Amazona
Is a zone where
There is no doubt
No more fall-out -
Why don´t you step
Through the mirror and see"
Is a zone where
There is no doubt
No more fall-out -
Why don´t you step
Through the mirror and see"







Comentarios
chao hasta pronto
¡Que ben estaba eu o outro dia con ela na cena!¡Hasta sudaba de tela o meu lado!Cando me pasou a man así por riba da miña cabesiña...mama !!Xa lle pedín a Diego que me sacara unha fotiño do momento histórico.Foto que ahora sempre me acompaña a todas partes".
Xa cho dixen o outro día taller, nadie se decatou de que estiveches na cea por culpa de Adriana que ca sua beleza volveute invisible, jejeje.
PD: era broma. Camarinas.eu, Dios os bendiga!!
bendito anai que che pario
Bueno solo falta k te vea algun cazatalentos...jaja
K sepas k toy muy orgullosa de ti y k te kiero mazo peke...aki me tendrás siempre!!!
Jessy..a ver cuando vienes a verme ehhhhhhh
en Reira un dos mas bonitos sitios de CAMARiÑAS !!
Suerte !
moita sorte. bikos
A verDa Eq AINd Me AcOrDOo dOo Q mE dICiAsS JI Ji!q TEMpoOs AQeLeS!
weNoO XiKA Q sTAS waPiSiMA!auNQ Nn e DE EXtrAÑaR sEmPrE O StAS!bIkS,sIgE asIi!
Parese unha modelo ...
A verda ek e wapisima
BIQUIÑOS XURRIÑA
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.