- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camarinas Beauty Camarinas Beauty
- Created: 21 Mai 2009 21 Mai 2009
¡¡Volve o Camariñas Beauty!!

A sección de camarinas.eu que fixo historia volve cunha nova beleza da máis espectacular sensualidade
Camariñas Beauty, a sección preferida con moita diferencia polos redactores de camarinas.eu, o maior certame de beleza da Costa da Morte que foi capaz de ter en vilo a todo un Concello (e máis alá), o conxunto de reportaxes que deixaron ao mundo boquiaberto ca beleza sensual dunha terra tradicionalmente caracterizada pola beleza das súas mulleres, volve. Co maior sixilo, dentro do meirande dos secretos, mentras o resto do planeta durmía, camarinas.eu levou a cabo un novo proxecto de Camariñas Beauty cuias fotos agardan baixo fortes medidas de seguridade o día histórico no que vexan a luz.
A elexida, unha xoven de espectacular beleza que a través dunhas fotos da maior calidade artística deixará abraiados aos miles de usuarios da web reina da Costa Atlántica. ¿O nome da elexida? Nin os peores e máis sanguinolentos esbirros do KGB ou dos servicios secretos da China comunista, baixo os máis terribles tormentos habidos e por haber, nos poderán arrincar unha palabra. ¿A data elexida para a publicación de tan impactante documento xornalístico? Pode ser esta semana, pode ser a seguinte, ¿quen sabe? Toca sufrir un pouquiño queridos usuarios. En fin, nada de políticas, nada de polémicas. Tan só a maior beleza. En estado puro.
Comentarios
Por que estaba beno de camariñas Beauty o que pasa e que nadie se anima a facer as fotos a demas en camariñas creo que ai moitisimas rapasas wapas pa que se presenten...MOn ica por ejemplo O Nair,...Pero ningua delas o quere facer por que teñen vergnsa!
Pos alegrome moitisimo de o que Volva Camariñas Beauty!!
Ainda que Maytiña se quitou tan ben como taban as fotosssss!!!
Bikiñs
Si puidera escoller,
Eu non sei qué fasería,
Si votarme a chorar
Ou dar brincos de alejría.
Chorar a lájrima viva
A non podelas alcansar,
Atallando nesta vida,
Por culpa da lonxanía.
Antonio Puertas
Toxo, ti tasmen te podes presentar, pos biutis non hhay edad.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.