Tal e como anticipara Camarinas.eu, tal e como ata o máis incapaz podía preveer, a agresiva minoría constituida polos nostálxicos da okupación ilegal convertío a Asamblea Ordinaria do CNC nun akelarre furibundo, noutra das clásicas encerronas que anteriormente perpetraran no mundo da baixa política municipal. O visto este sábado 9 de marzo do 2013 no Salón de Actos do CNC constituío a traslación ao mundo dunha asociación imparcial e apolítica das habituais técnicas reventadoras dos dous grandes cráneos navieros do PP camariñán, xentes habituadas dende antigo a axitar as baixas pasións, a reventar reunións colectivas, a lograr mediante a tensión intolerable, a presión desmedida e a ameaza os seus obxectivos. Unidos de novo ante o apetecible bocado que supoñe o CNC puxéronse duramente mans á obra para tratar de reflotar as escasas opcións electorais da candidatura auspiciada por Daniel Rego, o home que segundo recollía a prensa autonómica este mesmo domingo, pufo xudicial a maiores, costoulle nun só ano aos socios a friolera de 60.000 euros. Eso antes incluso de tentar pechar dende o seu posto político o Bar Restaurante do CNC.
Así pois, outro espectáculo lamentable delineado nas súas liñas mestras dende o PP camariñán: todo o visto con anterioridade nas reunións da Cooperativa Funeraria, en Plenos sobre a Asociación de Montes, etc... foi trasladado á asamblea ordinaria do CNC gracias ás malas artes de dous antigos profesionais da política que conscientes do seu nulo futuro neste mundillo viraron os seus obxectivos cara o CNC. Neste punto, tralo visto este pasado sábado a carreira política de ambos nas filas do PP pode darse por definitivamente finiquitada: nada máis indicativo que a mesma hora na que se celebraba a asamblea ordinaria do CNC tivera lugar na Casa de Pedra a charla sobre o PXOM e os principais responsables populares deixaran escandalosamente abandoada a defensa dos intereses dos veciños, dos seus votantes (vulnerados de xeito tan intolerable segundo a sabia e experta opinión xurídica do ex-secretario popular) por acudir a defender a candidatura que terá como obxectivo innegociable e único repoñer de urxencia á filla de Daniel Rego na concesión do bar restaurante do CNC e perdoarlle o inxente pufo de máis de 8.000 euros que ten contraído ca sociedade náutica entre sentencias condenatorias, intereses e costas xudiciais. Así, o propio Daniel Rego presentouse momentos antes do comenzo da asamblea no local no que durante un ano enteiro VIPROGA SL usurpou os dereitos do lexítimo concesionario e tras unha tensa conversa tivo que ser invitado a abandoar as instalacións náuticas. Vista a situación actual, o primeiro é o primeiro e ao PXOM que lle vaian dando...
Para elo movilizaron todas as súas forzas vivas: para unha mera asamblea de trámite, ca que a Directiva saínte pretendía rendir as últimas contas antes da constitución dunha nova xunta, a minoría golpista posta en pe de combate dende hai dúas semanas consigue levar en perfecta orde de formación e debidamente adoctrinados a uns 25 socios que xunto ás súas señoras e acompañantes conforman unha abigarrada e vocinglera maioría presencial. O peso da ofensiva asúmeno dende un primeiro momento un procurador de xulgados devenido sorpresivamente en maxistrado (os misterios insondables da política) e outro Maxistrado, éste sí un célebre e respetado Xurisconsulto, con bufete propio no Río do Prado, que comenzan unha apaixoada e tenaz defensa do honor dun presunto capitán naviero. Así, cando este habitual das asambleas náuticas, o mencionado procurador (de histórica pódese denominar a súa impactante actuación na asamblea daquel 17 de decembro de 2011), toma a palabra na defensa do que será o candidato a presidente pola Lista Okupa, comenza a encerrona. Ésta céntrase como obxectivo principal no Secretario do CNC Manuel Ángel García Insua, xoven membro da Xunta Directiva, exitoso abogado en Santiago de Compostela, cuia contribución fui clave para vapulear xudicialmente unha e outra vez a VIPROGA SL sen que elo lle costase un só euro ás arcas do CNC así como conseguir unha inversión para os pantaláns náuticos de preto de 70.000 euros financiada por Portos de Galicia. Por momentos o espectáculo non pode ser máis bochornoso: 60 fervorosos defensores da okupación ilegal, unha auténtica xauría humana, contra unha única persoa, que con aplomo e entereza fai frente a avalancha okupa. Tal e como soe suceder en casos semellantes, fruto do moito ruido e da moita furia, no río revolto provocado por unha tensión e presión extraordinarias, desoíndo as chamadas ao sentido común e despreciados todos os argumentos xurídicos, os defensores de VIPROGA SL logran aparentemente o levantamento dos expedientes disciplinarios do Capitán Naviero e de dous socios máis, presuntos agresores xunto ao Presidente do PP camariñán do Secretario do CNC na infausta tarde-noite na que pretenderon levarse pola forza as ofertas presentadas ao concurso do bar cafetería do Club Náutico. A Lista Okupa xa ten ao seu candidato a Presidente.
Así, para tratar de encauzar a xauría desquiciada, nos momentos de maior éxtase golpista, no fragor do combate era claramente audible a voz do procurator facendo constantes chamadas a calma e pretendendo poñer coto as ansias salvaxes dos hooligans: "¡Callar, callar y no gritar, que si no nos van a suspender la asamblea y no podremos hacer nada!". Tamén foi sorprendente a fotofobia dun varón tan atractivo e deseable como o ex secretario do PP de Camariñas, quen sabe si reposto de urxencia novamente no seu posto gracias a outro dos seus trapicheos habituais co presidente local, esto a cambio do outro, que non quería que se sacasen fotos da asamblea. Curioso que o home que se desvivía por grabar os plenos municipais, que chegou ata unha nulidade tan rimbombante como o Defensor do Pobo, agora pretenda vetar a información para os numerosos (a gran maioría) socios ausentes. Pero máis sorprendente e inquietante son a serie de dúbidas digamos que de tipo legal que surxen na mente atribulada de Camarinas.eu ante os supostos acordos tomados na citada ¿asamblea? do sábado 9 de marzo. Un asunto que trataremos de expoñer dun xeito sucinto e sinxelo para que ata os dous grandes e sabios maxistrados presentes na sala no día de autos o poidan entender.
Primeiro co levantamento dos expedientes disciplinarios abertos contra o capitán naviero e os outros dous expedientados. Tal que sucede ante unhas eleccións municipais, unha vez que se convocan os comicios a corporación que ata ese momento presidía o ente local con plenitude de poderes dende ese momento queda limitada aos así chamados asuntos de administración ordinaria, aqueles indispensables para a xestión do día a día do concello. Así, a ninguén se lle ocurre que en plena campaña electoral un alcalde convoque un pleno para aprobar un PXOM ou un orzamento, nin, obviamente, para cambiar o censo electoral. Por elo é que se antoxa como moi dubidoso que unha vez convocadas ás eleccións náuticas, cunha Xunta que de directiva pasou a mera Xunta Xestora, se poida adoptar o acordo que levantar un expediente sancionador a uns socios co único e confirmado obxectivo de permitir a un deles presentarse como candidato dunha Lista Okupa. ¿Acaso esto é mera xestión ordinaria do Club? ¿Resolver expedientes disciplinarios? ¿Eso nunha asamblea e en período electoral?
Pero si o anterior xa xenera dúbidas, agrávase bastante a cuestión cun novo dato que podería botar a perder os acordos antes adoptados. A maiores do exposto no párrafo precedente, no momento no que se publica esta noticia, as 23:00 horas do domingo 10 de marzo de 2013, hai xusto tres horas, 20:00, que rematou o prazo de exposición pública do censo electoral do Club Náutico. E segundo está en condicións de afirmar Camarinas.eu contra o mesmo non se presentou nin unha soa reclamación nin alegación, o cal significa a súa aprobación definitiva. No mesmo figuran os nomes dos socios que poderán concurrir como electores e elexibles nas eleccións do día 23 e entre os mesmos, dacordo co establecido nos Estatutos do Club, non figuran o nome de tres socios expedientados. A non presentación en plazo de reclamacións nin de alegacións contra o censo supoñe a automática convalidación do mesmo e polo tanto a introducción de calqueira nome non recollido no censo nunha candidatura sería motivo automático de impugnación da mesma. Foi este un pequeno lapsus que se lles olvidou aos dous maxistrados e que permite que dende o momento que o nome de alguén non recollido no censo de socios do Club Náutico figure nunha lista calqueira dos socios poida impugnar e invalidar unha candidatura nesas condicións.
Todo elo nunha asamblea na que nin siquera se chegou a votar acordo algún e que buscaba como obxectivo primordial que se puidera presentar como candidato a Presidente un presunto capitán naviero, alguén que entre outras lindezas e descalabros xornalísticos bochornosos e humillantes (¿para cando recomenzamos as andaduras xornalísticas? ¿É difícil publicar un artigo cando o ten que escribir un mesmo, verdade? ¿Non da a cocorota para tanto?), presentouse unha e outra vez nos pleitos sostidos contra o CNC por VIPROGA SL como testigo voluntario a favor da mesma e defendío repetidamente os intereses privados da filla de Daniel Rego contra os do Club Náutico. Si os xuices deran veracidade aos seus testimonios e fallaran a favor da ex concesionaria, as arcas do Club Náutico terían agora 8.000 euros menos. Como vemos, os candidatos da Lista Okupa sáenlle caros aos socios, 8.000 euros deste, 60.000 do outro... ¿Pode unha persoa destas condicións, con estas intencións, con este pasado escandaloso, tratar de presidir o Club Náutico de Camariñas? ¿Pero que clase de sinvergonzonería é esta?
O visto este pasado sábado 9 de marzo de 2013 foi a última bala do Contubernio Okupa-Pufista-Plaxiador, unha encerrona, o típico akelarre visto xa tantas veces con anterioridade en Camariñas e que sempre tivo como protagonistas aos dous grandes responsables do período máis negativo e bochornoso da historia do PP camariñán. Agora, despois de toda unha vida de batacazos electorais sucesivos, conscientes do seu nulo futuro no mundo da política, centraron os seus obxectivos en apoderarse polas bravas do CNC. Fracasada a súa primeira acometida pola forza da lei, ligaron a súa última oportunidade á presentación dunha candidatura integrada por nostálxicos da okupación ilegal e responsables de plaxios xornalísticos. De novo baixo o paraugas mediático do boletín oficial dos golpistas náuticos, aquel que decía que a Bandeira Azul xa non era tan azul e que estaba chea de, ejem, digamos inmundicias, nas eleccións deste 23 de marzo xóganse a súa última e desesperada carta. Unha vez derrotados democráticamente, a maior ameaza que tivo que encarar o CNC nos seus máis de 20 anos de existencia, quedará definitivamente difuminada. Toca facer o esforzo final e alonxar para sempre a esta deslexitimada Liga de las Sombras do Club Náutico de Camariñas
Comentarios
,
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.