
Era o ano 1492 cando por aquelo de lograr a unidade política e relixiosa dos seus reconquistados reinos, os Reis Católicos procederon á expulsión dos xudíos das terras hispanas. E contan que aínda hoxe, máis de 500 anos despois, os descendentes daqueles sefarditas violentamente arroxados da súa patria conservan colgadas das paredes das súas casas en Israel as chaves orixinais do fogar que deixaban atrás, na sempre añorada e querida Sefarad... Outra colectividade que se vira privada pola forza dos feitos violentos da que era a súa casa, os socios do Club Náutico de Camariñas, viron cumprido o sono anhelado ao longo dun ano de infernal travesía do deserto cando no mediodía deste histórico martes 8 de xaneiro de 2012 recuperaban de mans okupadoras as chaves das instalacións das que se viron expulsados pola okupación ilegal máis escandalosa da historia da Costa da Morte.
Dentro da cadea de humillacións sucesivas ás que voluntariamente decidiron someterse os responsables da suposta empresa de hostelería así chamada Vixilancia e Protección de Galicia Sociedad Limitada (VIPROGA SL), a sufrida na mañán de hoxe quedará enmarcada en letras douradas. Idearan no seu descalabrado maxín unha novedosa teoría xurídica que decía que nembargantes o que digan ata dous tribunais de xustiza de forma contundente e demoledora (un deles toda unha Audiencia Provincial que confirmaba punto por punto o axusticiado en primeira instancia), o que realmente importa é a vontade do condeado. Así, nunha destas entrevistas sorprendentes ás que nos teñen acostumados os nosos queridos colegas da edición de Carballo de La Voz de Galicia, remarcaban que as chaves as entregarían o día 10 de xaneiro porque ese mesmo día vencía a prórroga do contrato asinado no seu día para a concesión da cafetería do Club Náutico. A realidade acababa, unha vez máis, superando á ficción e a capacidade ilimitada e inconmensurable da mente humana para para parir delirios surrealistas e esperpentos teóricos, chorradas en definitiva, vltaba a abraiar a uns tendidos críamos que xa curados de espanto. Ante esto, o sopapo xudicial non se fixo esperar e os okupas ilegais deberon baixar a cabeza, inclinarse ante a Xustiza, facer unha humillante viaxe ata os Xulgados de Corcubión e entregar as chaves que levaban 363 días secuestradas.
O seguinte episodio dentro do proceso de restablecemento da legalidade tan flagrante e desvergonzadamente vulnerada no CNC terá lugar ás 13:00 horas deste mércores 9 de xaneiro (que non 10) cando o xuiz do Xulgado de Corcubión faga entrega aos lexítimos representantes da masa social do CNC, a súa Xunta Directiva, das chaves expoliadas. Ese será o momento no que a semellanza da derrota das tropas nazis en calqueira dos países invadidos durante a 2ª Guerra Mundial, a democracia e a legalidade sexan reinstauradas no CNC, cando a vontade masiva dos socios expresada na expulsión dos ex-concesionarios en asamblea, finalmente se faga realidade tralo primeiro paso dado pola Xunta Directiva que adxudicaba hai máis de un ano o servizo a D. Marcos Tajes Martínez, que ademáis recupera así o seu lexítimo dereito de concesionario. Ao abeiro do anterior e tras facer, na presencia imprescindible dun Notario, o reconto das pertenecias náuticas e do estado no que se atopen, é de esperar que en breve o responsable do Bachata, o exitoso local porteño, proceda a tomar posesión do bar restaurante e iniciar deste xeito unha nova xestión do mesmo allea a políticas e tan só guiada pola máxima responsabilidade profesional e pola excelencia hosteleira.
Enaxenacións mentais de cráneos delirantes aparte, a Xustiza cúmprese con maiúsculas en Camariñas e permite aos cidadáns recuperar por un día a confianza nos seus poderes públicos. Agora virán a reclamación de ata o derradeiro céntimo dos inxentes danos económicos e de imaxe causados e a toma das ineludibles medidas disciplinarias cas que evitar no futuro unhas actitudes, uns sucesos, uns ataques e unhas agresións físicas como as vividas durante este tristísimo 2012, exercicio no que acontecío no CNC o nunca visto en 20 anos de andaina exitosa e exemplar. Unha vez adoptadas as medidas de supervivencia extremas que aseguren no plazo máis breve de tempo posible o rexurdimento da institución náutica decana da Costa da Morte, convocarase á masa social a eleccións dunha nova Xunta Directiva. Pero farase unha vez materializado o sono que nunca puideron ver cumprido aqueles xudíos sefarditas violentamente expulsados da terra que consideraban como propia un triste día de 1492. Un sono longamente anhelado que nembargantes sí que se cumprío en Camariñas un feliz día de 2013. Os okupas víronse obrigados pola forza da Lei a entregar as chaves do CNC en sede xudicial, o nunca visto anteriormente na Costa da Morte. Os socios mañán recuperarán ás 13:00 horas oficialmente o seu amado Club Náutico. Por unha vez, o triunfo da Xustiza.

Comentarios
PD. Satanás ten a lumarea ben quente pra cando cheguen estes CANTA------, FILLOS DE S------.
Mequetrefa, tu a chupar del bote.
E VEN O PORTUJES a sentar cátedra, esto si que manda truco, un tipo que si falaran moitos armadores da Costa da Morte, que sería de el. Ora por nos AMEN.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.