Un 20 de novembro de 1975 finiquitou para sempre o Xeneralísimo Francisco Franco Bahamonde e un 20 de novembro de 2012 van finiquitar de xeito definitivo asemesmo os soños de grandeza de Viproga SL. Dúas okupacións ilegais (unha, a do lexítimo goberno da República; outra a das instalacións dun Club Náutico) derivadas de sendos golpes de estado que ven o seu triste e lamentable final nunha mesma data cargada do pesado simbolismo que otorga a historia. Atrás quedarán os 300 días de okupación ilegal que pasarán aos anales da infamia. Os día do descaro máis inaudito en toda a historia de Camariñas, da agresión maís alevosa e flagrante, da ilegalidade máis sorpresiva e absoluta, da desvergonza máis descarnada e brutal. Todo un longo proceso de desquiciamento e alegalidade que relatou paso a paso Camarinas.eu e que chega desta forma ao seu vergoñante final postrero. Parece que non haberá máis campañas electorais diseñadas e organizadas dende as instalacións do CNC.
E todo elo gracias ao auto que dictaba este martes 23 de outubro de 2012 o titular do Xulgado de 1ªInstancia e Instrucción nº2 de Corcubión, o Xuiz D. Andrés Lago Louro, no que ía ser o cuarto batacazo xudicial dos moitos que estaban por vir para Viproga SL. No mesmo se acorda "Requerir a la parte ejecutada, VIPROGA SERVICIOS SL, para que se proceda a la entrega inmediata de la posesión del inmueble en su día arrendado (local destinado a café-bar y demás instalaciones arrendadas sito en las instalaciones del Club Naútico de Camariñas, Peirao Novo s/n de Camariñas) ocupadas por el mismo dejándolas libres y expeditas a disposición de la demandante en un plazo no superior a cinco días desde el requerimiento formal, con apercibimiento a la demandada de proceder a su lanzamiento, a su costa, si no las desaloja voluntariamente dentro de referido plazo, señalándose al efecto el día 20 de noviembre de 2012 a las 13 horas para proceder a su lanzamiento judicial". Auto que foi notificado ás partes ao longo desta semana e contra o que xa non cabe recurso algún.
Deste xeito viña o Xuiz corcubionés a ordear a execución inmediata da abrumadora e demoledora sentencia dictada o 29 de maio de 2012 na que estimaba na súa totalidade a demanda interposta polo Club Náutico de Camariñas contra a ex-concesionaria do servizo do Bar Restaurante Viproga SL e acordaba o desahucio da mesma con data de 11 de xuño de 2012. Nembargantes e pese a demanda executiva interposta de forma inmediata pola Directiva do CNC para acelerar o proceso desokupador e proceder á restaurar á maior brevedade a legalidade na institución náutica decana da Costa da Morte foron a mala fe evidente e as tácticas dilatorias de quenes estaban okupando ilegalmente as instalacións náuticas as que demoraron o seu humillante lanzamento xudicial ata este novo 20N. Agora sí que xa non hai volta atrás: se antes non se van polo seu propio pe, o 20 de novembro con presencia policial e do propio xuiz incluida procederase á súa pública expulsión nun espectáculo que pode pasar aos anales do xornalismo. Un posible escenario de esceas desgarradoras, llantos incontenibles, abrazos paterno-filiales, intervención armada da Forza Pública, expulsión pola forza, que podería (se non o evitan a cordura e bo sentido que ata o de agora estiveron ausentes nos que perpetraron a okupación ilegal) tomar corpo no Muelle Novo no día do aniversario da morte do Xeneralísimo. Un 20 de novembro de nostalxias frustradas para sempre. Ata esto, accionariado apolítico e neutral de Camarinas.eu, tivemos que chegar.
Asemesmo recompensa este auto xudicial o traballo calado, continuo, eficaz da Xunta Directiva. Unha labor constante e extenuante, alonxada dos focos para evitar todo o que puidera obstaculizar e interferir na pronta resolución xudicial do conflicto máis grave en toda a historia do CNC. Pasos firmes e acertados dunha Directiva na que tal e como tan acertadamente sinalaron algúns había "ata tres licenciados en dereito" (que non avogados). Vanse a ir deste triste xeito, baixo o rechazo e repudio masivo de toda unha vila e duns socios que deixaron deserto o CNC dende o 10 de xaneiro de 2012, os que foron os concesionarios máis ilexítimos en todo o triste deambular da Cafetería do CNC: aqueles, os únicos en 22 anos, en ser rexeitados de xeito case unánime por unha asamblea de socios, asamblea pedida insistentemente (graves ameazas incluidas) polos mesmos despois rexeitados. Pero ademáis ven este auto xudicial a convalidar a postura firme de Camarinas.eu en defensa da legalidade vixente e de apoio á lexítima Xunta Directiva que non descansou un só momento en defender a vontade do socio náutico democráticamente expresada e en restaurar a legalidade flagrantemente violada. 20N, a que será a data de expulsión definitiva de quenes okuparon ilegalmente durante 300 días o Club Náutico de Camariñas. 20N, a que sempre será unha data maldita para os nostálxicos. Tamén para os da okupación ilegal.
Comentarios
ESTO SI QUE ES PRENSA ,COMUNICACION,l a que yo quiero ,
Como os atrevéis a comparar la dictadura en la que España ha vivido y sobrevivido durante 40 años y que fue responsable de una infamia terrible con la ocupación de una asociación de pueblo?!?
Una persona que pretende relatar los hechos que acontencen en su pueblo de manera "periodística" tiene que tener un mínimo de cultura y de sentido común. Saber que todo no es comparable, y que hacer un amalgama de este nivel es cosa de un iletrado! Os decís de izquierdas defendiendo los colores del Psoe, pero sepan que historicamente son las propagandas de partidos de extremas que emplean tan fuertes amalgamas para defender sus ideas.
Respeten los lectores por favor, dando una información lo más objetiva posible para una web que pretende ser la voz de Camariñas.
Alguien ha visto la genial e irreverente serie De Culo y Cuesta Abajo, protagonizada por un basebollista acabado llamado Kenny Powers que se hizo famoso al inicio de su carrera cuando al eliminar a un bateador soltó la frase "Estas fuera, joder!!"
Pues yo le digo ahora a Viproga SL "¡¡ESTÁS FUERA, JODER" (del Club Náutico, se entiende).
chocolatada eu poño os churros e ti por suposto o chocolate, sei que che gusta, quen o sirva e inferente pois xa non estará o teu xefe, tamen podes facer campaña na Ponte a favor del, e tratar de que collan o bar do casino. QUE BEN O BOU PASAR O 20N, PIDO ENTRADA DE PRIMEIRA FILA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.