O nunca visto. No mesmo día no que no Camp Nou, en Barcelona, ante un estadio desatado e 400 millóns de telespectadores tiña lugar un akelarre independentista, nas instalacións okupadas ilegalmente do Club Náutico de Camariñas perpetrábase un akelarre do Partido Popular ante un pobo que non dou crédito ao que vían os seus xa de por si abraiados ollos. Os extremos acábanse tocando e en política máis. O antes nunca visto acontece en Camariñas co maior desparpaxo e desvergonza: se por vez primeira en toda a historia da Costa da Morte, un partido político embárcase nunha campaña electoral co seu principal representante okupando ilegalmente (e cunha sentencia demoledora enriba do lombo) as instalacións da asociación privada máis importante do concello, agora non contentos con elo, este fin de semana Camarinas.eu facíase ca proba que constata e confirma como o PP de Camariñas, co visto bo duns superiores que deixan facer e desfacer ao seu antoxo, convertía ao CNC no seu centro de operacións: a base loxística dende a que se coordinaron os principais actos de campaña, entre eles o mitin que na tarde do domingo tiña lugar na Casa de Pedra.
Unha proba irrefutable, brutal, descarnada na súa sinxeleza, que amosa ata que extremos chegou a sensación de impunidade, de desvergonza, de sentirse os donos do país a clase política desta pobre, cobarde e expoliada España dos nosos días. Así, o coche oficial de campaña electoral do PP en Camariñas, un auto no que son ampliamente visibles dúas xigantescas pegatinas de propaganda en cada un dos seus lados (GALICIA PRIMEIRO: FEIJOÓ) e un abrumador altavoz no seu teito, ficaba ao longo do fin de semana aparcado cáseque permanentemente ao carón das instalacións okupadas do Club Náutico, das que tan só se alonxaba unha vez recollidas as pertinentes indicacións da cúpula popular alí organizada e que tras facer a súa ruta voltaba na búsqueda de novas instruccións cas que partir de novo aos distintos puntos de destino.
A elo sumáronse os feitos que despois, na media tarde do domingo, tiñan lugar tras un mitin celebrado en medio dun ambiente de tensión contida, de certo nerviosisimo e ansiedade que se facía patente nos rostros (algúns abotargados polos excesos do sábado noite, outros hinchados como os buches dos palomos blancos) dos principais membros da directiva camariñana. Tal vez fora polos catro directivos do CNC que a esas mesmas horas estaban a tomar tranquilamente un café no Bar de Casino, tal vez fora polo temor de que algún socio náutico na súa xustificada ira reventase ante os seus superiores o mitin. Ademáis, o pinchazo de público facíase evidente e notorio: ausencia cáseque xeralizada de simpatizantes da Ponte do Porto e Xaviña e tan só as caras coñecidas habituais de Camariñas, máis algún palanganero de nova adquisición, ferviente defensor das desventuras náutikas do presidente de agrupación. Foi o día no que toda unha conselleira de non sei que, unha tal non sei canto, e o home que lle endilgou á ancestral vila de Camariñas o maior timo da súa historia, aquel archipublicitado, fraudulento e infamante "Programa de Actuacións Camariñas Século XXI", os 11 millóns de euros en inversións que se levou o vento, un tal Álvarez Campana (que non Campaña), lucían en público por mor daquelo das eleccións autonómicas ao lado dun recoñecido e público pufista, e pedían o voto en mitin ás boas xentes ao carón de quen tivo as santas narices de pasarse polos forros a lexítima, masiva e apabullante votación dos socios nunha asamblea e leva xa okupando o CNC por 300 días que pasarán á historia da infamia.
Pero era xusto ao acabar esta impresionante mostra de convicción democrática cando comenzaba a segunda parte dos feitos que demostran sen dúbida algunha posible como un partido político despois de apoderarse das instalacións dunha asociación privada pola forza, a sangue e fogo, ao marxe da Lei, da Democracia lexítimamente expresada e da Xustiza (como na Alemania de Hitler, como na Venezuela de Chávez, como nas dictaduras comunistas, etc...) converte ésta no seu principal centro de operacións para unha campaña electoral. Rematado o mitin, comenzaba a peregrinaxe de gran parte dos asistentes cara as instalacións sustraídas do CNC, entre eles, ademáis de afiliados e simpatizantes podíamos ver á maioría dos cargos populares de Camariñas así como a concelleira por Camelle e José Antonio Devesa, Presidente do PP de Muxía. A planificación de campaña dende o Club Náutico parece superar as fronteiras de Camariñas e exténdese ao resto da Costa da Morte. Unha base loxística ideal, que amplía o seu radio de acción, que busca o seu espacio vital, o seu sacrosanto Lebensraum. Copas e chupitos a conta do cociñeiro naviero, o Arguiñano da Deputación Provincial.
E en estas, a prensa autonómica publicaba este mércores 10 de outubro de 2012 a noticia de que supostamente Marisol Soneira, deputada autonómica polo PSdeG-PSOE, dábase de baixa na súa condición de socia do CNC. De confirmarse o anterior, non podería haber mellor noticia para o okupanáuticos profesional e o seu sirviente do Peito Palomo, os cales xa se frotan as mans cunha postura que de cundir entre os socios náuticos, facilitaríalles o camiño para apoderarse (e botar a perder) definitivamente o Club Náutico e suporía olvidarse da firmeza e entereza demostrados por unha Xunta Directiva que defendío inflexiblemente a decisión maioritaria dos socios náuticos e reafirmou o carácter apolítico, neutral e imparcial dunha asociación privada exemplar en Galicia. Así o recoñece a maioría apabullante e case unánime duns socios que non voltaron pisar as instalacións okupadas dende que o maior escándalo da historia da Costa da Morte estalara en toda a súa magnitude un 10 de xaneiro de 2012 e que fan gala dunha paciencia, comprensión e saber estar realmente admirables: esperando que se confirme o desahucio definitivo para voltar ás instalacións que só a eles lles pertencen, non a partidos políticos nin a supervivientes arruinados. Neste sentido a Xunta Directiva en breve podería facer saber aos socios a condonación do pago do primeiro semestre do ano en curso por mor da okupación ilegal. Con todo, membros da Xunta Directiva confirman a Camarinas.eu que nestes momentos non hai constancia de que escrito de renuncia algún asinado pola Deputada Autonómica tivese entrada no CNC e confían que todo se deba a un malentendido, sobre todo nunha persoa que sempre dende a súa posición tan desinteresada e masivamente axudou ao Club Náutico de Camariñas.
E así, querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, como un profeta no deserto, continúa esta redacción facéndose eco e amosando ao gran público desta tan olvidada Franxa Atlántica como se perpetran novos episodios do maior escándalo político de toda a súa historia. Cada vez máis desvergonzados, con maior sensación de impunidade, conscientes do seu poder político case absoluto, a cara descuberta: ata o de agora tiñamos que facer montaxes cas fotos para facer entender o que estaba a pasar no Club Náutico. Agora xa nin nos fai falta.






Comentarios
Querido Moncho, como creo que me has nombrado personalmente me tomo la libertad de responder a tu mensaje para aclararte una cosa muy importante que seguro que te has pasado por alto.
El problema del náutico ya lo solucionaron los socios en la votación democrática de la ASAMBLEA GENERAL del 17 de diciembre de 2011 en la que decidieron NO RENOVAR LA CONCESIÓN DEL BAR DEL CLUB NÁUTICO A VIPROGA SL. Y esta resolución, querido amigo, está siendo gravemente incumplida por quien debería de tener un respeto escrupuloso a la democracia (tu como representante político deberías de saber esto antes de escribir). Y más en una asociación privada. Te hago una pregunta ¿Apoyarías también la okuapcioón ilegal si esto pasara en el Casino de Ponte do Porto? Y aún más ¿Te gustaría que los empleados de tu empresa se amotinaran en las instalaciones de esta y la okuparan ilegalmente?
Te recuerdo también que existe una sentencia de desahucio dictada por el juez D. Alberto Lago Louro contra VIPRGA SL sobre la ocupación ilegal del Club Náutico de Camariñas(Sente ncia 00061/2012, dictada en fecha 29/05/2012). ¿Este es el respeto a la democracia y a la justicia española que teneis algunos miembros del PP de Camariñas?
Al resto de comentarios pues, ¿que quieres que te diga? En fin... Un saludo.
ademas querido compañero moncho,la solera que poda tener un local no tene porque coincidir con su importancia economica, por ello los cientos de turistas que atrae el nautico no los atrae nuestro querido casino de la ponte do porto, que si es el mas antigo de la costa, eso no te lo discuto
por dios moncho de dios
Querido Moncho, como creo que me has nombrado personalmente me tomo la libertad de responder a tu mensaje para aclararte una cosa muy importante que seguro que te has pasado por alto.
El problema del náutico ya lo solucionaron los socios en la votación democrática de la ASAMBLEA GENERAL del 17 de diciembre de 2011 en la que decidieron NO RENOVAR LA CONCESIÓN DEL BAR DEL CLUB NÁUTICO A VIPROGA SL. Y esta resolución, querido amigo, está siendo gravemente incumplida por quien debería de tener un respeto escrupuloso a la democracia (tu como representante político deberías de saber esto antes de escribir). Y más en una asociación privada. Te hago una pregunta ¿Apoyarías también la okuapcioón ilegal si esto pasara en el Casino de Ponte do Porto? Y aún más ¿Te gustaría que los empleados de tu empresa se amotinaran en las instalaciones de esta y la okuparan ilegalmente?
Te recuerdo también que existe una sentencia de desahucio dictada por el juez D. Alberto Lago Louro contra VIPRGA SL sobre la ocupación ilegal del Club Náutico de Camariñas(Sente ncia 00061/2012, dictada en fecha 29/05/2012). ¿Este es el respeto a la democracia y a la justicia española que teneis algunos miembros del PP de Camariñas?
Al resto de comentarios pues, ¿que quieres que te diga? En fin... Un saludo.
y a veces un juez en Corcubion dicta sentencia de una forma y en La Coruña cambia la sentencia.un saludo desde Mugia
http://www.camarinas.eu/camarinas/politica/2588-ali-baba-y-las-40-sentencias.html
si superan quenes somos SUFRIRIAMOS REPRESALIAS SIN FIN, NOS LINCHARIAN, por ello ruego a la drecion de www.camariñas.es masima precaucion y cuidado coas ips porque la jente no conoce de verda a estos facistas
opinion del akelarre nº29
leanlo
VER PARA CREER,ES QUE NO SABEN MAS.PONLO DIEGO
Vergonzoso non pola xente que por desgraza hay de todo, si non polo partido que yo permite.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.