O ideólogo da primeira e ata o de agora única asamblea ilegal en toda a historia do Club Náutico, o secretario xeral do PP en Camariñas, volve a poñerse ao frente do golpe de estado no CNC. Reposto de urxencia nas súas funcións a cambio de axuda mediática para o seu amo e señor volve con bríos impetuosos e acometidas desbocadas, algo en principio non moi recomendable para un cargo político, e non dubida en organizar a que tamén pasará á historia como a primeira cea ilegal en 21 anos de historia da institución náutica decana da Costa da Morte. Curiosa esta nova estirpe de políticos aparecida en Camariñas que non contentos con axudar a arruinar un país okupan asociacións privadas, insultan na páxina oficial do seu partido a aqueles cidadáns que os manteñen cos seus impostos, asumen unha lexitimidade que non lles corresponde facéndose os amos e señores de clubs náuticos e chegan aos extremos de organizar ceas ás que invitan a quen as súas ilustrísimas autoridades okupas estiman conveniente ("no socios y turistas"), rotulado todo elo baixo o epígrafe de "Club Náutico de Camariñas". O caso é que coñecida a desarreglada actual situación económica de ambos, a dun despois dunha vida a tope de luxos, despilfarros e excesos de todo tipo, a do outro debida a súa característica renuencia a traballar (que así se vive mellor), todo quedou nunha churraskadiña ca que ver de achegar uns pesiños aos depauperados bolsillos do Rockefeller da seguridade galega. Unha churraskada ademáis onde supoñemos exercerá de asador-asesor o noso querido pero tamén tembloroso cociñeiro naviero. O Arguiñano da Deputación Provincial.
En todo caso, non sabemos si seguindo a querencia tan de moda dos políticos de levar a cabo agora xusto o contrario do prometido aos catro ventos durante a campaña electoral, cómpre rescatar do olvido aquel carcaxeante ximoteo publicado alá no mes de febreiro, cando os días de plomo no asalto ao CNC ían xa costa abaixo, por algún que outro estercoleiro cibernético habitual: "onte mesmo, xoves, manifestei telefónicamente ao Presidente da entidade, D. Alberto Artaza Varasa, o meu abandono definitivo do Club Náutico Camariñas... a partires de agora non participarei en acto de calqueira índole da entidade" (debe ser que organizar churraskadas ilegales non entra dentro do tipo xurídico anteriormente mencionado). Ademáis, non só entona o Adios Muchachos senón que aclara que éste ten carácter irreversible: "Deixo manifestado públicamente o meu abandono definitivo da entidade" xa que "deixei claro ao Presidente que o que faga a súa presidencia, directiva ou asamblea (¿súa directiva? ¿súa asamblea? ¿?), a miña persoa non lle afecta nin lle importa o máis mínimo", seguramente facerse eco a todo trapo de sabotaxes nos pantaláns náuticos e tratar de desprestixiar a única Bandeira Azul conquerida en toda a historia do noso concello, tampouco entra no tipo legal antes descrito. Agora eso sí, cuidado, a súa palabra é sagrada: "O Presidente da entidade sabe que pola miña parte cumplin a palabra" e se marcha é para "dispoñer de máis tempo para no meu tempo libre (ou sexa, as 24 horas do día) dedicarme a unha actividade política que me apasiona (sic)". Segue despois un texto, escrito seguramente baixo o influxo dun pánico insuperable a perder o seu cargo político, despois dalgunha moi seria reprimenda provinte de capas superiores, repleto de reiteracións e redundancias, maxaderías ("defender os dereitos de todos os cidadáns do Concello e a súa liberdade": ¿pero que clase de memez é esta?) e ata faltas ortográficas e na que a frase "O Presidente da entidade, D. Alberto Artaza" repítese polo baixo unhas vinte veces: unha lectura convertida nun tormento. Este é o rigor e seriedade da palabra dun político de dereitas nestes días. Este é o nivel da clase política ca que debemos encarar a peor crise da nosa historia. Con estes bueyes (nunca mellor dito) tenemos que arar.
Gracias aos cambalaches privados dos dous grandes cráneos privilexiados do PP camariñán, por primeira vez en toda súa historia o CNC non celebrará a súa cea de verán. Ante este estado de cousas, no que cargos políticos baixo o nebuloso nome de "un grupo de socios" (por non dar non dan nin a cara) se autoatribúen unha lexitimidade que non lles corresponde, se cren sheriffs de asociacións privadas e apolíticas para apoderarse delas polas bravas e posteriormente organizar ceas de autobeneficencia ás que teñen a desvergonza e a desfachatez de invitar a "no socios y turistas", a Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas emite un comunicado para deixar as cousas claras. En todo caso, aquí en Camarinas.eu encantados, xa temos ao noso querido secretario xeral onde queríamos: outra vez á fronte do golpe de estado no Club Náutico, pasándose polos forros a demoledora e impecable sentencia do Xuiz D. Andrés Lago Louro na que constata que no CNC o que hai é nen máis nen menos que unha okupación ilegal en toda regra e reconvertido o medio por el dirixido en boletín oficial dos golpistas náuticos, en un puro insulto a través do cal inxuriar preso dos seus habituais ataques de histeria a cidadáns honrados, el todo un secretario xeral do partido político que goberna actualmente a todos os niveis en España (que gran imaxe para o PP) , aquel que se pretende candidato a toda unha alcaldía. Desprestixiándose a velocidades insondables, deslexitimándose para décadas e cavando cada día a súa tumba política un pouco máis profunda.
Comunicado da Xunta Directiva do Club Náutico de Camariñas
Con relación al anuncio de celebración de una cena en el Club Náutico de Camariñas el próximo sábado 18 de agosto, esta Junta Directiva quiere hacer públicas las siguientes consideraciones:
1.- Desde el máximo respeto hacia cualquier iniciativa o actividad de nuestros socios, dado que no se trata de una cena de carácter oficial de la entidad, ni organizada por el Club como Asociación, esta Junta Directiva declina cualquier tipo de responsabilidad en todo lo relacionado con la celebración de dicha cena.
2.- Que en cuanto sociedad privada sin ánimo de lucro cuyas instalaciones, como principal patrimonio, pertenecen a toda su masa social, resulta un tanto sorprendente que pueda “invitarse” (por no sabemos quién) a dicha cena a todos los NO SOCIOS Y TURISTAS que deseen acudir, previo pago de un determinado importe económico.
3.- Esta Junta Directiva ya avisó en su momento de la suspensión de todo tipo de actos y celebraciones mientras se prolongara la ocupación ilegal de nuestras instalaciones. Estando ya muy próximo el final de dicha ocupación, les reiteramos a nuestros socios el compromiso de esta Junta Directiva de celebrar en su momento todos los actos y eventos que hayan sido suspendidos por este motivo.
4.- Como siempre hacemos cuando tenemos la ocasión, queremos reiterar nuestro agradecimiento a todos los socios por la paciencia y el talante con que están afrontando esta crisis, una crisis de la que nuestro Club, sin lugar a dudas, saldrá definitivamente reforzado de cara al futuro.
Atentamente,
LA JUNTA DIRECTIVA
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.