- Published: 15 Decembro 2008 15 Decembro 2008
Unha afiliada do PSOE de toda a vida mostrando a foto do seu adorado Felipe González
80 persoas na homenaxe a Maruja da Cotarra
Este venres sobre as 10 da noite chegaba o director de camarinas.eu (tarde claro, coma sempre) a un acto moi especial xa que o PSOE camariñán quixo homenaxear a súa avoa como a afiliada de máis edade no Concello de Camariñas. O lugar elixido foi como dixemos noutra noticia o restarurante Os Catro Ventos, onde poidemos degustar de primeiro plato unha fideuá con ameixas, de segundo xamón asado e finalmente os postres.
A cena estivo moi concorrida, asistindo á mesma afiliados de base, concelleiros da actual corporación municipal, o Alcalde Pichurri e ata a deputada autonómica Marisol Soneira. Unha vez rematada a comida chegou a hora do café, os chupitos e os discursos nos que Encarna Liñeiro, Secretaria do PSOE comarcal, recordou a vida de Maruja da Cotarra á cal lle foi entregado un regalo moi especial: unha foto do seu Felipe González. Despois falou tamén unha das netas de Maruja, Mayte Alonso Freire, a cal recordou moi emocionada cousas da vida de Maruja e explicou que a súa nai non puidera asistir ao acto debido á enfermidade dun dos seus netos.
{multithumbs}























Comentarios
felisidades sra MARUJA
UN SAÚDO PA TODA A FAMILIA.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.