Camariñas Noticias - Costa da Morte

  • Camariñas
  • Camelle e Arou
  • Ponte do Porto
  • Xaviña e Santa Mariña
  • Emigración
Camariñas e a Mostra do Encaixe en FITUR

Camariñas e a Mostra do Encaixe en FITUR

Published: 20 Xaneiro 2022 20 Xaneiro 2022
A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra estes días no recinto de IFEMA (Madrid) volve a ser o lugar escollido polo Concello de Camariñas para presentar a XXXI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que se celebrará do 13 ao 17 baixo o slogan “E ti, encaixas no paraíso?” co que se pretende facer un chamamento para dar a coñecer Camariñas pola súa riqueza e patrimonio máis aló da artesanía. Esta presentación tivo lugar hoxe, xoves 20 de Xaneiro, no stand de Tourespaña. Nela deuse a coñecer por primeira vez o vídeo que promociona...
Engadir comentario
Camariñas e a Mostra nos cines Callao de Madrid

Camariñas e a Mostra nos cines Callao de Madrid

Published: 20 Xaneiro 2022 20 Xaneiro 2022
Os cines Callao son unha institucións da cultura en plena Gran Vía de Madrid. Aos seus máis de 90 anos foi un espazo no que se realizaron milleiros de actos e polos que pasaron os máis grandes persoeiros da cultura nacional e internacional. Agora, como xa acontecera na anterior edición, ocupa case toda a súa fachada a vila de Camariñas e a súa Mostra do Encaixe co cartel da vindeira XXXI edición e farao durante toda esta semana (do 17 ao 23) proxectándose nas grandes pantallas dixitais que ten este edificio. O cartel está composto por unha fotografía na que...
Engadir comentario
Xuntanza polo balonmán na Costa da Morte

Xuntanza polo balonmán na Costa da Morte

Published: 15 Xaneiro 2022 15 Xaneiro 2022
Onte, venres 14 de Xaneiro, tivo lugar na casa do concello unha reunión entre a Federación Galega de Balonmán, o  Club Balonmán de Camariñas e o Concello de Camariñas co obxectivo de crear un proxecto para fomentar o balonmán tanto dentro do municipio camariñán como na Costa da Morte en Xeral. Deste xeito, participaron na xuntanza o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López; o vicepresidente da Federación, Jesús Varela; o responsable federativo da Coruña, Borja Tajes; o presidente do Club Balonmán Camariñas, Andrés Cerdeiras; e a nova coordinadora xeral do club, Nerea...
Engadir comentario
Inicio das obras no Alto do Penedo da Ponte do Porto

Inicio das obras no Alto do Penedo da Ponte do Porto

Published: 13 Xaneiro 2022 13 Xaneiro 2022
Nos vindeiros días o Concello de Camariñas iniciará as obras de pavimentación na rúa Alto Penedo, na Ponte do Porto. Nelas está previsto rozar e limpar as marxes da calzada, demoler o pavimento xa existente en varios dos seus tramos e, finalmente, aplicar un novo aglomerado asfáltico xunto cun lastro rústico de pedra granítica. As obras, cuxa duración se estima que será de 3 meses, teñen un orzamento total de 125.000 euros e están financiadas a través do Plan Único da Deputación da Coruña.   ...
Engadir comentario
O que realmente importa

O que realmente importa

Published: 09 Xaneiro 2022 09 Xaneiro 2022
Un pode entender como a primeira onda desta pandemia colleu por sorpresa tanto a administración como as institucións da sanidade pública. En certo modo o colapso parecera algo inevitábel... pero que aconteza nesta sexta onda de novo xa non parece tan coherente. Se ben o sistema non estaba preparado nun primeiro momento o lóxico é pensar que se buscaría unha solución reforzando a atención médica en todos os seus eidos. Porén, isto non foi o que aconteceu, ao contrario, en moitos casos víronse novas de despidos e de reestruturacións do persoal, todo constantemente denunciado por elementos do sector sanitario que...
Engadir comentario

Máis artigos

  1. Rematan as obras na rúa do cruceiro de Xaviña
  2. Sétimo Eu Son Camariñas
  3. Participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores
  4. Reparacións da rúa Virxe do Monte

Páxina 7 de 824

  • Comezo
  • Prev
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • Seguinte
  • Fin

Categorías

  • Inicio
  • Deportes
  • Sociedade
  • Curiosidades
  • Política
  • Sucesos
  • Notas de prensa
  • Contacta

Login

  • Crear unha conta
  • Esqueceu seu nome de usuario?
  • Esqueceu súa clave?

Máis valoradas

Viaxe ao corazon das tinieblas: O Ézaro
1111111111
Fotos Historicas: O Cansorro ano 1974, o rapaz enigmático
1111111111
A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 0 Alfaro
1111111111
A xornada de Juanillo: Sangonera 2 - 1 Cartagena
1111111111
Nova granxa de Prodemar en Merexo
e111111111

Buscar

Especiais

  • Gaceta cultural de Camariñas
  • Claves de Camariñas
  • Top Camariñas
  • Camariñas Beauty
  • Asalto ao Club Náutico de Camariñas
  • Caso contra a familia Lin
  • Artigos de opinión
  • Reportaxes
  • Editoriais de Camarinas.eu

Últimos comentarios

  • A camellana Carla Pérez Tajes, subcampiona no certame de baile Cidade de Vigo
    Carla
     
  • O gaiteiro de Xaviña David Carril protagonista dun documental do antropólogo Alessandro Bordin
    Felicidades a David. Si e un Gaiteiro maravilloso y maestro de ...

Top noticias do mes

Camariñas Noticias