O SAF (Servizos de Axuda no Fogar) é un elemento que ten como obxectivo atender a persoas ou unidades de convivencia no seu propio domicilio. Con el preténdese mellorar a calidade de vida dos seus usuarios posibilitando a permanencia destes na súa contorna de convivencia habitual, favorecendo e potenciando a autonomía persoal no propio domicilio e previndo situacións de dependencia ou exclusión social entre outras cousas.

Deste xeito, no Concello de Camariñas xa son un total de 130 domicilios os que se ven beneficiados por este servizo gratuíto e que nesta semana viu como comezaban as roldas de inspección do mesmo. A concelleira de Servizos Sociais do Concello de Camariñas, Begoña Tajes, xunto coa nova coordinadora do SAF, Junquera Vázquez Casal, son as encargadas da realización desta rolda que pretende avaliar o servizo e consultar aos beneficiarios por se teñen algunha necesidade a maiores ou por se precisan axuda na realización de algunha xestión.

Así, Begoña Tajes avaliou moi positivamente esta rolda de contactos xa que “a reacción das usuarias e usuarios é moi moi boa, polo momento todos nos transmitiron que están moi satisfeitos co servizo e, ademais, este tipo de encontros permiten que lle poñamos cara a todos”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.