Debido a situación sanitaria a trixésima edición da Mostra do Encaixe sufriu diversos cambios. Primeiro tivo que suspenderse, mais veuse ben substituída coa versión en liña acollida polos visitantes de un modo moi positivo. Logo diso, un ano despois foi preciso cambiar a súa data e deixar a semana santa a que ten acostumados aos seus visitantes para trasladarse a vindeira ponte do Pilar do 8 ao 12 de Outubro. Porén, esta celebración do encaixe na capital camariñá manterá a súa esencia e traerá como todos os anos os seus desfiles, os seus postos e todo o relacionado co mundo do encaixe así como outros elementos que a acompañan. Entre eles a convocatoria para formar parte do grupo de voluntariado sempre presentes nestas datas.

Deste xeito, calquera persoa interesada en participar como voluntario e formar parte da organización nesta trixésimo edición da Mostra do Encaixe poderá chamar ou mandar unha mensaxe de Whatsapp a través dos teléfonos 653 27 63 88 ou 653 26 55 29 e presentar deste xeito a súa solicitude cuxo prazo se inicio onte, martes 14 de Setembro.

A directora da Mostra, Dolores Lema, sinalou que “é unha edición moi importante para nós; ademais de tratarse do trinta aniversario tamén é a Mostra despois desta terrible situación, e agardamos que sexa o máis bonita posible”, recalcando que “sería imposible a celebración desta cita sen as persoas voluntarias: son parte imprescindible para nós”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.