A Mostra do Encaixe de Camariñas leva máis de trinta anos a ser unha das citas ineludibles da semana santa galega. Porén, o ano pasado, por mor da situación epidemiolóxica, tivo que reinventarse e comezar unha nova modalidade que neste ano ve a súa segunda edición.

Esta é a Mostra Virtual que traslada os seus stands e desfiles as novas tecnoloxías grazas as redes sociais. Na súa segunda edición, que comezou onte, luns 29 de Marzo, ven con novas incorporacións nunha semana repleta de eventos como poden ser a presentación de un cupón especial da ONCE que conmemora a próxima Mostra do Encaixe na súa trixésimo edición o ben a inauguración da exposición ao aire libre “Palilleiras: Presente e Futuro”. Entre esas novas está a de centrarse máis na comercialización do encaixe e, perseguindo esta fin, hoxe, martes 30 de Marzo, os postos deste evento comezan a difundir as súas ofertas especias que permanecerán vixentes até o domingo 4 de Abril.

En total son 12 locais os que participan nesta iniciativa mostrando os seus produtos nas redes sociais: Arte en palla, Asociación Puntillas, Asociación Rendas, Bolillos, Encaixes Arjomil, Encaixes Gelina, Encaixes Lucita, Fiando Miudo, Jataparda, Miñamena, Nemanquiñas e Recanto do Encaixe.

Estas ofertas poden atoparse na páxina de Facebook da Mostra do Encaixe de Camariñas, así como na web www.mostra.es. Nelas inclúense fotos dos produtos ofertados así como explicacións de cada un deles para que as  persoas interesadas dispoñan da maior cantidade posible de información antes de realizar as súas compras. Ademais, cada unha das tendas dispón de diversos métodos de pago e formas de envío para facer a compra o máis sinxela posible.

StandsOfertas_5.jpg

StandsOfertas_1.jpg

StandsOfertas_2.jpg

StandsOfertas_4.jpg

StandsOfertas_3.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.