Onte, luns 29 de Marzo, tivo lugar a apertura institucional da II edición da Mostra do Encaixe Virtual xunto coa presentación do cupón da Once dedicado a trixésima edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. O acto tivo lugar na aula de palillo “Raquel Moreira” do Museo do Encaixe. Nel a alcaldesa do municipio, Sandra Ínsua, dou o discurso que puxo en marcha os numerosos acontecementos que se irán levando a cabo ao longo desta semana até o próximo domingo, como son a presentación das coleccións dos participantes do concurso “Jovenes deseñadores” ou a inauguración da exposición “Palilleiras: presente e futuro” entre outros.

Estivo presente no acto o delegado na Galiza da ONCE, Manuel Martínez Pan, que fixo entrega dunha reprodución enmarcada do cupón conmemorativo tanto a alcaldesa como aos seus compañeiros de goberno Sergio Caamaño, tenente alcalde, Encarna Liñeiro, concelleira da Mostra, e Dolores Lema, directora da Mostra.

presentacion_cupon_mostra4_MOD.jpg

Esta edición especial do cupón dedicado a Mostra do Encaixe aparecerá no sorteo do día 6 de Abril. Terá un total de 5 millóns e medio de boletos e estará presente en 20.000 puntos de venta.

A rexedora, Sandra Ínsua, agradeceu á ONCE que contarán coa imaxe de Camariñas e da Mostra do Encaixe para elaborar un cupón e animou a todos e todas os camariñáns a que compren o boleto. Tamén destacou que unha copia do cupón estará presente nunha das salas do Museo do Encaixe.

Pola súa parte, o delegado Manuel Martínez Pan, afirmou que para a súa organización ligazóns como estas eran moi importantes, xa que plasman dun xeito simbólico a unión da labor social e do patrimonio galego na súa principal tarxeta de visita, o cupón.

presentacion_cupon_mostra3_MOD.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.