A única maneira que temos a maioría para cambiar o mundo son as pequenas accións e a reciclaxe está a ser, a día de hoxe, unha das máis importantes para loitar contra o cambio climático. Deste xeito, e para facilitar esta práctica, o Concello de Camariñas ven de asinar un novo convenio coa empresa Collecting Oil S.L. Esta empresa percorrerá as rúas das vilas do municipio a recoller diversos elementos de refugallo para o seu reciclado como son: aceites domésticos (fritidos, conservas, caducados), graxas e manteigas, pilas e baterías, lámpadas (mesmo as de baixo consumo e de tipo LED), electrodomésticos de pequeno tamaño (microondas, torradoras, teléfonos, radios, etc.), consumibles de impresoras, téxtiles e roupa e restos metálicos como, por exemplo, tixolas, moldes, cazarolas, entre outros. O servizo realizarase porta por porta unha vez cada catro meses cun mínimo de tres ao ano polo menos.

Os veciños e veciñas interesados en este servizo deberán deixar na porta dos seus domicilios un recipiente de plástico cos aceites e graxas e unha bolsa pechada cos residuos domésticos no día fixado.

 

FolletoTriptico_recollida_aceite_2021_page-0002.jpg

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.