Onte, martes 21 de Decembro, foi a sétima entrega do programa “Eu Son Camariñas” tendo como protagonista a avogada de Camelle Lucía Baña. Nesta entrevista falou sobre as verdades e os mitos que rodean o seu oficio tan visto nas grandes pantallas e ao mesmo tempo descoñecido no día a día da cidadanía. Tamén percorreu Camelle, onde contou as implicacións de saltar ao traballo por conta propia, as dificultades e ilusións que se atopan na xente nova que trata de crear o seu propio camiño deste xeito.

A entrevista completa pódese ver na páxina web https://eusoncamarinas.es/ onde tamén se pode ler a ficha dedicada a Lucía Baña ou ver as anteriores entregas deste programa que tenta mostrar o talento  da Costa da Morte.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.