Este mércores pasado saía a sexta entrega do programa “Eu Son camariñas”, tras o seu parón de verán, tendo como protagonista a Paula Esteiro Ramos unha camariñá campioa de España na liga de carreiras de obstáculos (OCR).

O “Eu son Camariñas” é un proxecto municipal creado para dar visibilidade a diversos camariñáns que destacan no seu ámbito profesional, académico, deportivo, artístico ou social. A proposta consiste en publicar mensualmente na páxina web www.eusoncamarinas.es un vídeo cunha entrevista a un destes camariñáns senlleiros.

Paula Esteiro Ramos estudou enfermería e traballa no hospital Virxe da Xunqueira dentro do apartado de hospitalización a domicilio e coidados paliativos así como a unidade de feridas do CHUAC (centro hospitalario universitario da Coruña). Coordina o seu traballo cos adestramentos e a competición do OCR, un deporte que está a crecer dende hai anos. Na entrevista fala sobre este deporte e o seu funcionamento así como da maneira na que logra compaxinar o seu traballo coa competición ao máis alto nivel onde acadou o título de campioa da liga galega nas dúas últimas competicións así como un título de campioa da liga española.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.