Rematou o concurso de disfraces de forma telemática no concello de Camariñas cunha moi boa acollida. Nel os participantes enviaron fotografías cos seus traxes tanto de fronte como de costas ao departamento de Cultura do Concello de Camariñas. Un xurado valorounos e escolleu entre eles aos gañadores entre os cales se repartiron máis de 1.600 euros en premios. Este teñen o formato de vales para consumir en establecementos da vila. Con isto preténdese dinamizar a economía dos comercios locais, un sector especialmente afectado polas consecuencias da COVID-19.

No concurso existían tres categorías nas que se podía participar: unha individual destinada ao público infantil, outra individual para adultos e, finalmente, unha categoría de disfraces familiar. Con todo, procedemos a compartir con vos os nomes dos gañadores deste certame:

Categoría infantil individual (todos recibirán un vale de 20€)

- Amapola: Xiana Romar Tedín

- Heroína COVID: Candela Santos Lista

- Doutor García, vacinando pola vila: Bruno García Martínez

- Superxenia: Xènia March Rodríguez

- Bellas Arco Iris: María Isabel Quintana Tedín

- La princesa del Reino de Hielo: Chloe Rajoy Canosa

- Pipi Calzas Largas: Lía Ferrín Souto

- Dr. Romero: Eric Romero Rodríguez

- Lobo feroz: Hugo Rodríguez González

- Mimo molón: Sofía Serantes Santos

- Nena Dodot: Alessia Varela Lorenzo

 

 

Categoría adulto individual:

- Terceiro Premio (vale 50€): "Esperando a Donald" de Javier García

- Segundo premio (vale 75€): "Boda Hindú" de Iria Lestón Nemiña

-Primeiro premio (vale 100€): "Velliña panillando porque non hai Desguace" de Lourdes Romar Andrade

 

 

Categoría familiar:

- Terceiro premio (vale 200€): "Familia Bross" representada por Amalia González Ameijenda

Familia_Bross_4.jpg

- Segundo premio (vale 250€): "Vellas 2.0 en tempos de Covid" representada por Verónica Canosa Carril

vellos_2.0_en_tempos_de_covid_2_mod_2.jpg

- Primeiro Premio (vale 300€): "Familia Oz" representada por Adela Suárez Soto Ademais

 

Tamén, recibiron o premio á participación na categoría Familiar (un vale de 15€ por persoa participante no grupo):

-"Os novos Superheroes" representada por Digna María Rodríguez Romar

-"La familia Coco" representada por Cristina Blanco López

la_familia_Coco_1.jpg

-"Regreso ao futuro" representado por Luis Rodríguez Luaces

regreso_ao_futuro_1.jpg

-"Hada de Flor y Señor de los Bosques" representada por Vanessa Camill Lema Cernados

 

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.