A día de hoxe o Concello de Camariñas está nunha situación que comparte con moitos outros concellos de dimensións e localización similares. Está é unha situación precaria na que se precisa de unha reestruturación das súas finanzas para poder afrontar o pagamento das débedas que se contraeron ao longo dos últimos tempos cos seus provedores.

Deste xeito, e tras realizar varias reunións coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), o Concello de Camariñas levará a o vindeiro pleno unha serie de medidas que, de ser aprobadas, permitiríalle entrar no “Mecanismo de pago a proveedores de las entidades locales 2022” habilitado polo Ministerio de Facenda e que permitiría resolver, ao longo deste ano, os pagos pendentes a provedores, que ascenden a preto de 500.000 euros.

O Concello xa enviou á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a lista de provedores, aos que agora se lles notificará a inclusión das súas facturas para que poidan aceptar o cobro a través deste procedemento. A partir de aí a tramitación sería máis áxil xa que o pago non tería que pasar por pleno e isto permitiría a liquidación de todas as débedas durante este mesma exercicio.

As medidas que trae esta proposta son as seguintes:

  • Unha baixada dos ingresos que perciben os conselleiros e conselleiras da corporación municipal por asistencia aos órganos colexiados. Pasarían a ser durante este 2022 de 100 euros por pleno a 80, de 100 euros por xunta de goberno a 80 e de 150 euros por comisión a 100. Isto daría un aforro total de 10.000 euros anuais.
  • Aumento das taxas tales como o ICIO (imposto sobre construcións, instalacións e obras) o das licencias urbanísticas e expedición de documentos, os prezos públicos do tanatorio, os do museo de Man, os dos campamentos de verán e a regulación de ordenanza de instalación de terrazas en vías públicas.
  • Tamén se reforzará a eficacia da recadación dos prezos públicos que non están delegados na Deputación da Coruña como a inspección do padrón do lixo e dos sumidoiros así como a revisión das ordenanzas fiscais.

Pola súa banda, a alcaldesa, Sandra Ínsua, explicou que a situación que se está a vivir xorde debido “as competencias autonómicas que nos vemos obrigados a asumir os concellos pequenos sen o debido financiamento, como a xestión dos cans abandonados, os servizos sociais ou o emprego e que xeran un sobrecoste que provoca un retraso no pago do resto facturas que temos que solucionar”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.