Chega a campaña de Nadal e con el as compras asociadas a esta época como cada ano. Porén, desta vez as cousas son un tanto diferentes, polo menos no Concello de Camariñas. Isto débese a presenza do MerCamariñas, unha plataforma de compra online específica desta zona da costa da Morte. Nela os usuarios poden mercar nas tendas do comercio local sen saír das súas casas e recibir a compras efectuadas na mesma.

Deste xeito, e co obxectivo de dinamizar a economía local, o goberno do Concello camariñán repartirá 400 euros en total entre aquelas persoas que se decidan a realizar as súas compras na plataforma MerCamariñas. Isto farase a través de un sorteo entre os usuarios de 10 vales por valor 40 euros e que se poderán gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio.

Ao mesmo tempo e para facilitar o uso da plataforma os establecementos da plataforma contarán cun código QR que colocarán nas portas das súas tendas. Así, as persoas que desexan visitar a páxina do MerCamariñas que lle corresponde so terán que escanealo e accederán a mesma.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.