O “Mercamariñas” é unha plataforma de venta online para os comercios locais do Concello de Camariñas. A idea de realizar este proxecto xurde a raíz do pasado confinamento e as dificultades que propicio este para o pequeno comercio local. Con el pretendese axudar a estes negocios a iniciarse na venta online que a día de hoxe acapara gran parte do mercado e até o de agora os deixaba a marxe do mesmo.

Deste xeito, o proxecto leva meses a xestarse con preparativos a nivel online como con cursos aos comerciantes que queren participar nel nos que se ensinaban técnicas de fotografía, marketing e demais elementos necesarios para entrar neste mundo dixital. Todo ese traballo chegará ao seu punto álxido no vindeiro 11 de Outubro, ás 11:30 horas, cunha presentación oficial que se levará a cabo no pavillón de Camariñas durante a celebración da trixésima edición da Mostra do Encaixe.

Acordouse esta fecha de presentación na última xuntanza organizada entre as tendas participantes e a empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, e na que se perfilaron os detalles definitivos antes da apertura. Así, tamén se acordou que os participantes que o desexen poderán asistir a unha clase presencial sobre a plataforma esta semana na aula de informática municipal.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.