O PEL Reactiva é un plan de axudas económicas destinadas aos autónomos e microempresas que se viron afectados pola declaración do Estado de Alarma durante o ano 2020. Cofinanciado pola Deputación da Coruña, o seu propósito é o de axudar a estes pequenos negocios subvencionando a compra de elementos como o material desinfectante e limpeza, seguros de abastecementos, adquisición de pantallas, arrendamento de locais, maquinaria...

Deste xeito, tramitadas xa as resolucións os beneficiarios comezan a recibir estas axudas que van dende os 1.500 aos 3.000 euros dependendo da puntuación concedida a cada un. A suma total é de 85.581 euros distribuídos entre 56 empresas do municipio. Polo de agora xa se repartiron 37.000 e esperase abonar o resto nos vindeiros días.

Se algún dos beneficiarios aínda non enviou os certificados bancarios ao Concello deben remitilo por correo electrónico a dirección Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Para máis información pode chamarse ao teléfono da Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: 981 736 000.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.