Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”.

Para tratar os puntos deste acordo, esta semana mantiveron unha reunión os responsables da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, o xefe de sector de Correos, José Manuel Costa, e o director da oficina de Correos de Camariñas, Fernando Mohedano.

O “Mercamariñas” terá un funcionamento de central de ventas en internet necesitando, deste xeito, elementos de distribución para facer chegar o produto as casas dos clientes. Así, dende a empresa de envíos explicaron que están a preparar unha oferta con tarifas especiais para todos os comercios integrantes da iniciativa, xunto con outros beneficios que aínda non comunicaron.

A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, explicou que “o obxectivo destes contactos que estamos a manter con empresas de transporte é o de abaratar os custes dos envíos aos establecementos para que as vendas que fagan a través da plataforma lles sexan máis rendibles”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.