Esta semana comezaron as titorías presenciais nas tendas adheridas ao “MerCamariñas”, proxecto que xorde dende o Concello de Camariñas para axudar ao comercio local a adaptarse a venta online mediante unha central no dominio web www.mercamarinas.com.

Estas titorías levas a cabo o persoal responsable da empresa local WP Nordés, encargado da xestión do proxecto, acudindo aos distintos locais participantes para ofrecerlles unha formación presencial sobre a plataforma. Nestas clases os comerciantes aprenden o funcionamento da web e a como subir os seus produtos ao novo espazo virtual do comercio camariñán.

Por outra banda, a concelleira de Comercio Lara Pasantes, responsable da plataforma, reunirase a próxima semana cunha importante empresa de transportes para acadar un convenio de colaboración entre a mesma e os establecementos participantes para a realización dos envíos.

Lara Pasantes explicou que “neste mes de abril temos previsto que se faga pública a web para que os comercios poidan comezar a realizar as súas vendas na rede” e lembrou que “todos os que non puideron adherirse a MerCamariñas poden facelo agora xa que está aberta a terceira rolda”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.