No día de hoxe, 27 de Xaneiro, publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as resolucións do plan de axuda PEL-reactiva. Con el a deputación dota aos concellos con menos de 50.000 habitantes con fondos para axudar aos seus autónomos e microempresas. Na resolución de hoxe aparecen aqueles beneficiados por este plan.

 

O PEL-reactiva pretende paliar as perdas derivadas do estado de alarma iniciado o 14 de Marzo do curso 2020, así como aquelas que se puideron producir coa compra materiais de prevención contra a covid19: produtos de limpeza, desinfectantes, pantallas protectoras, mascaras...

Ao Concello de Camariñas destinouse un total de 102.500 euros que serán repartidos entre 56 beneficiarios. As dotacións irán dende os 1.500 euros até os 3.000 dependendo da puntuación concedida.

Como se establecía nas bases os beneficiarios teñen até o 31 de Marzo para xustificar os seus gastos subvencionables. Tras esta data procederase a resolución definitiva e ao abono do importe da cantidade concedida. Así, tamén, até o 10 de Febreiro poderanse presentar alegacións, emendas ou renuncias a ditas dotacións quen o vira necesario.  

O procedemento de xustificación destas axudas será publicado na web municipal www.camarinas.net xunto coa concesión definitiva das axudas. Para máis información pode chamarse ao teléfono da Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: 981 736 000.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.